Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: xesús_alonso_montero

“Cartas de republicanos galegos condenados a morte”, presentación en Vigo

“Cartas de republicanos galegos condenados a morte”, presentación en Vigo

O vindeiro xoves, 25 de xuño, ás 20:00 horas, nas instalacións do MARCO (antigo cárcere) de Vigo, presentarase o máis recente libro do profesor Xesús Alonso Montero, Cartas de republicanos galegos condenados a morte (1936-1948). No acto acompañarán ao autor Alfonso Álvarez Gándara (decano do Colexio de Avogados de Vigo), Carlos Núñez e o editor Manuel Bragado.

“Cartas de republicanos galegos condenados a morte”, novo libro de Xesús Alonso Montero

“Cartas de republicanos galegos condenados a morte”, novo libro de Xesús Alonso Montero

A vindeira semana chegará ás librarías Cartas de republicanos galegos condenados a morte (1936-1948), o máis recente libro do profesor Xesús Alonso Montero.Unha obra moi relevante na construción da memoria republicana de Galicia. Xesús Alonso Montero recolle neste libro cento vinte cartas de republicanos galegos escritas despois de que recibiran oficialmente a noticia de que foran condenados á pena de morte.

Xerais, novidades do mes de xuño

Xerais, novidades do mes de xuño

Xerais publicará catorce novidades ao longo deste mes de xuño. Na colección Xerais Narrativa aparecerán as novelas A vida do outro de Carlos Reigosa, Premio Torrente Ballester 2008 da Deputación Provincial da Coruña; Monte Louro de Luís Rei Núñez, Premio Blanco Amor 2009; e Pirata de María Reimóndez.  Títulos, ambos os tres, que estarán nas librarías durante a primeira quincena do mes.

“Conversas con Celso Emilio Ferreiro”, presentación en Vigo

“Conversas con Celso Emilio Ferreiro”, presentación en Vigo

Mañá, venres 15 de maio, ás 20:00 horas, na Casa do Libro de Vigo presentarase o libro Conversas con Celso Emilio Ferreiro de Ramón Nicolás. O autor estará acompañado por Xesús Alonso Montero, Luis Ferreiro Loredo e Manuel Bragado.

«Letras galegas», crítica en «Culturas»

«Letras galegas», crítica en «Culturas»

Ramón Nicolás publicou o pasado 7 de febreiro no suplemento «Culturas» de La Voz de Galicia unha crítica sobre as dúas novidades máis recentes do profesor Xesús Alonso Montero, entre elas Letras galegas. Explicadas (de 1962 a 1980) en Triunfo e noutras revistas de fóra de Galicia.

Rosalía de Castro en Xerais

Rosalía de Castro en Xerais

Hoxe, 24 de febreiro, celébrase o 172 aniversario do nacemento en Santiago de Compostela de Rosalía de Castro. Dende os inicios de Xerais, a nosa escritora primeira sempre tivo unha importante presenza no noso catálogo. O primeiro título foi en 1982 a Poesía completa en galego, en edición do profesor Benito Varela Jácome, actualmente descatalogada despois de ser reimpresa en múltiples ocasións.

Entrevista a Xesús Alonso Montero

Entrevista a Xesús Alonso Montero

Jorge Lamas entrevista en La Voz de Galicia ao profesor Xesús Alonso Montero con motivo da chegada ás librarías de Letras Galegas, o máis recente dos seus títulos de ensaio publicados por Xerais.

«Letras Galegas», novo libro do profesor Xesús Alonso Montero

«Letras Galegas», novo libro do profesor Xesús Alonso Montero

Chega ás librarías un novo libro do profesor Xesús Alonso Montero. Letras Galegas. Explicadas (de 1962 a 1980)  en Triunfo e noutras revistas de fóra de Galicia recolle 38 traballos que publicou en revistas extragalegas, algunha tan importante e tan eficaz, para a concienciación democrática e progresista de España, como Triunfo (Madrid).