Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: xesús_alonso_montero

Xesús Alonso Montero: «A miña primeira universidade literaria foron as cántigas populares na miña aldea»

La Voz de Galicia publica unha entrevista a Xesús Alonso Montero sobre o seu libro Versos dun fistor republicano, marxista, ateo e un pouco epicúreo, que se presenta esta tarde ás 20,00 horas na Casa do Libro en Vigo. A entrevista pode lerse ou descargarse nesta ligazón.

Presentación en Vigo de “Versos dun fistor republicano, marxista, ateo e un pouco epicúreo” de Xesús Alonso Montero

O luns, 6 de marzo, 2017, ás 20:00 horas, na Casa do Libro, rúa Velázquez Moreno, 27, Vigo, terá lugar a presentación do libro Versos dun fistor republicano, marxista, ateo e un pouco epicúreo de Xesús Alonso Montero. No acto acompañarán ao autor Carlos Núñez, Luís “Ferreiro” e Manuel Bragado.

Os versos republicanos de Xesús Alonso Montero, antimonárquicos, anticlericais, que exaltan os gozos da vida, da gastronomía e do humor

Os versos republicanos de Xesús Alonso Montero, antimonárquicos, anticlericais, que exaltan os gozos da vida, da gastronomía e do humor

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha anotación sobre a presentación de Versos dun fistor republicano, marxista, ateo e un pouco epicúreo, de Xesús Alonso Montero (Antoloxía: 1963-2016).

Xesús Alonso Montero: «Teño uns 35 heterónimos e moitos son femininos. As mulleres son máis legais que os homes no sentido profundo da palabra»

O xornal El Progreso publicou unha entrevista de Marta Veiga ao profesor e presidente da Real Academia Galega Xesús Alonso Montero na que fala, entre outras cousas, do seu libro de poemas Versos dun fistor republicano, marxista, ateo e un pouco epicúreo, de Xesús Alonso Montero (Antoloxía: 1963-2016, que acaba de publicar Xerais. A entrevista pode lerse ou descargarse nesta ligazón.

Presentación en Lugo de “Versos dun fistor republicano, marxista, ateo e un pouco epicúreo” de Xesús Alonso Montero

O xoves, 23 de febreiro, 2017, ás 20:15 horas, na librería Biblos, rúa Salvador de Madariaga, 1, Lugo, terá lugar a presentación do libro Versos dun fistor republicano, marxista, ateo e un pouco epicúreo de Xesús Alonso Montero. No acto acompañarán ao autor Claudio Rodríguez Fer e Manuel Bragado.

Novidade: «Versos dun fistor republicano, marxista, ateo e un pouco epicúreo», de Xesús Alonso Montero (Antoloxía: 1963-2016)

Versos dun fistor republicano, marxista, ateo e un pouco epicúreo, de Xesús Alonso Montero (Antoloxía: 1963-2016) é unha novidade de Xerais. Neste libro de poemas, antoloxía da produción lírica de Xesús Alonso Montero desde 1963 ata 2016, o autor exerce de «fistor», de «vate popular», pero elevando a poesía bebedora das fontes do cancioneiro popular de tradición oral á condición de literatura culta.

Roda de Prensa presentación na RAG do Tomo III da “Historia da Literatura Galega” de Xosé Ramón Pena

O martes, 8 de novembro, ás 11:00 horas, no Salón de Actos da Real Academia Galega, Tabernas, 11, A Coruña, terá lugar unha roda de prensa-presentación do libro Historia da Literatura Galega III. De 1916 a 1936 de Xosé Ramón Pena. No acto participarán Xesús Alonso Montero, presidente da Real Academia Galega, Manuel Bragado, director de Xerais e Xosé Ramón Pena, autor da obra.

Magnífico e orixinal relato, escrito con pericia admirable: «O encargo do señor Castelao», de Luís Rei Núñez. Artigo de Xesús Alonso Montero

O presidente da RAG, Xesús Alonso Montero, publicou en La Voz de Galicia un artigo sobre a novela O encargo do señor Castelao, de Luís Rei Núñez. O artigo pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.

Presentación de “O encargo do señor Castelao” de Luís Rei Núñez na Coruña

O mércores, 5 de outubro, ás 20:30 horas, na Casa Museo Casares Quiroga, rúa Panadeiras, 12, A Coruña, terá lugar a presentación da novela O encargo do señor Castelao de Luís Rei Núñez. No acto participarán Xulio Ferreiro, alcalde da Coruña, Xesús Alonso Montero, presidente da Real Academia Galega, Manuel Bragado, director de Xerais, e Luís Rei Núñez, autor.

Presentación en Ramirás de “O espello do mundo” de Ramón Nicolás

O sábado, 3 de setembro, ás 20:30 horas, no Local Social de Escudeiros en Ramirás, terá lugar a presentación da novela O espello do mundo de Ramón Nicolás. No acto participarán Xesús Alonso Montero, Xoán Carlos Domínguez Alberte, Carlos Méndez, Manuel Bragado, Ramón Nicolás e o gaiteiro Manuel Ferro. Ao remate serviranse viño e petiscos.

Con páxinas magníficas: «O espello do mundo», de Ramón Nicolás. Artigo de Xesús Alonso Montero

O presidente da RAG, Xesús Alonso Montero, publicou un artigo en La Voz de Galicia no que fala sobre novela O espello do mundo, de Ramón Nicolás.

Presentación en Santa Comba de “O volframio en Varilongo” de Carmen Blanco Ramos

O sábado, 16 de abril, ás 18:30 horas, no Edificio Multiusos do Concello de Santa Comba, terá lugar a presentación do libro O volframio en Varilongo. Santa Comba de Xallas (1941-1963) de Carmen Blanco Ramos. No acto, organizado polo Concello de Santa Comba e Xerais, participarán Xesús Alonso Montero, José Antonio Ucha Velo, Manuel Bragado e Carmen Blanco Ramos.