Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: xiana_lastra_pernas

“A miña primeira Rosalía” en Concerto en Brión

O venres, 27 xuño, ás 20:30 horas, no Centro Social Polivalente de Brión, terá lugar o concerto A miña primeira Rosalía Participarán Mero, María Manuela, Xiana Lastra e Mini.

Ledicia Costas, Eduardo Santiago e María Reimóndez, Premios Xerais 2014

Na illa de San Simón, no concello de Redondela, o sábado, 7 de xuño, ditamináronse a XXXIª edición do Premio Xerais de Novela, a VIª edición do Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil e a XXIXª edición do Premio Merlín de Literatura Infantil, todos os tres premios dotados con 10.000 euros cada un deles. Esta festa literaria consistiu nun acto literario-musical, celebrado no Auditorio da illa de San Simón.

Os poemas de Rosalía, inspiración musical para o album-CD «A miña primeira Rosalía»

O xornal La Opinión publicou unha reportaxe de Óscar Losada na que aborda a publicación do libro-disco A miña primeira Rosalía, do que son autores Xiana Lastra Pernas, Xosé Lastra Muruais e María Manuela Díaz Orjales. A reportaxe pode lerse ou descargarse en pdf neste enlace.

As Pontes acolle a presentación do espectáculo musical “A miña primeira Rosalía”

O venres, 9 de maio, ás 21:00 horas, no auditorio do Cine Alovi d’ As Pontes, terá lugar o espectáculo musical baseado no libro A miña primeira Rosalía de Xiana Lastra e Xosé Lastra e ilustrado por María Manuela.

Presentación de “A miña primeira Rosalía” en Pontedeume

O xoves, 6 de marzo ás 20:00 horas, o Ateneo Eumés, organiza o concerto-presentación do libro A miña primeira Rosalía de Xosé Lastra e Xiana Lastra. No acto participarán Xosé Lastra, Xiana Lastra e María Manuela.

Unindo poesía e música de calidade: «A miña primeira Rosalía». Crítica de Ramón Nicolás

Ramón Nicolás publicou no seu blog unha anotación crítica sobre o libro-disco A miña primeira Rosalía, do que son autores Xiana Lastra Pernas, Xosé Lastra Muruais e María Manuela Díaz Orjales.

A musa como pretexto: «A miña primeira Rosalía». Crítica de Xosé Manuel Eyré

Xosé Manuel Eyré publicou en Tempos Novos unha recensión crítica sobre o libro-disco A miña primeira Rosalía, do que son autores Xiana Lastra Pernas, Xosé Lastra Muruais e María Manuela Díaz Orjales.

«A miña primeira Rosalía»: un libro indispensable

O blog Trafegando Ronseis publica unha anotación recomendando A miña primeira Rosalía, o libro cedé de Xiana e Xosé Lastra.

Concerto «A miña primeira Rosalía» en Ortigueira

Concerto «A miña primeira Rosalía» en Ortigueira

O luns, 30 de decembro, ás 20,30 horas, no Teatro da Beneficencia de Ortigueira celebrarase o concerto «A miña primeira Rosalía». A miña primeira Rosalía é un libro-CD que acaba de publicar Edicións Xerais De Galicia, da autoría de Xiana e Xosé Lastra. A parte musical desenvólvese igualmente nun concerto do mesmo nome, nun espectáculo que se acaba de estrear e Ferrol (Teatro Jofre) e en Santiago (Teatro Principal).

Concerto «A miña primeira Rosalía» en Oleiros

Concerto «A miña primeira Rosalía» en Oleiros

O venres, 20 de decembro, ás 21 horas, no auditorio do Centro Cultural A Fábrica de Oleiros celebrarase o concerto «A miña primeira Rosalía». A miña primeira Rosalía é un libro-CD que acaba de publicar Edicións Xerais De Galicia, da autoría de Xiana e Xosé Lastra.

Achegarse a Rosalía de Castro: o libro-disco «A miña primeira Rosalía». Crítica de Manuel Rodríguez Alonso

Manuel Rodríguez Alonso publicou no seu blog, Bouvard e Pécuchet, unha recensión crítica sobre o libro-disco A miña primeira Rosalía, do que son autores Xiana Lastra Pernas, Xosé Lastra Muruais e María Manuela Díaz Orjales.

Este é o magnífico equipo de músicos do concerto en directo de «A miña primeira Rosalía», libro-CD

Musicaengalego publicou unha longa anotación sobre os músicos que participan no concerto en directo do libro-disco A miña primeira Rosalía, do que son autores Xiana Lastra Pernas, Xosé Lastra Muruais e María Manuela Díaz Orjales.