Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: xoa

«Xoa», de Antonio Yáñez Casal, e «A filla do ladrón de bicicletas», de Teresa González Costa, Premios Frei Martín Sarmiento

«Xoa», de Antonio Yáñez Casal, e «A filla do ladrón de bicicletas», de Teresa González Costa, Premios Frei Martín Sarmiento

Logo de que Dragal, de Elena Gallego resultase gañadora do Premio VIII Premio Frei Martín Sarmiento nas categorías de 1º e 2º da ESO, dous novos libros de Xerais acaban de ser distinguidos co premio. Xoa, de Antonio Yáñez Casal, fíxose co galardón na categoría de 3º e 4º de Primaria, e A filla do ladrón de bicicletas, de Teresa González Costa, fíxose co galardón  na categoría de 5º e 6º e Primaria.

Finalistas de Xerais na VIII edición do Premio Frei Martín Sarmiento

Publicamos o listado de libros de Xerais que resultaron finalistas en distintas categorías da VIII edición do Premio Frei Martín Sarmiento. Trátase dun premio que é outorgado a través da votación dos propios estudantes galegos.

Presentacións de «Xoa» e «Asasinato no Consello Nacional», hoxe na Feira do Libro de Ferrol

Esta tarde, no marco da Feira do Libro de Ferrol, serán presentados dous libros de Xerais, coa presenza dos seus autores e do editor Fran Alonso.Ás 19:00h terá lugar a presentación de Xoa, de Antonio Yáñez Casal, unha obra que foi finalista do Premio Merlín de Literatura Infantil.

Crítica sobre «Xoá», de Antonio Yañez Casal, no blog Trafegando ronseis

O blog Trafegando ronseis inclúe unha pequena recensión crítica sobre Xoá, de Antonio Yáñez Casal, que reproducimos a continuación: Publica Xerais este libro de Antonio Yáñez Casal con ilustracións de Rodrigo Chao: Xoa. Non sonson especialista neste tipo de lecturas, de feito non me gusta a manía de etiquetar a contracapa indicando a idade. Non sei se é apto para “a partir de” os 7 anos, como din.

Crítica de María Navarro sobre «Xoa», de Antonio Yáñez Casal

O Faro da Cultura (Faro de Vigo) publicou onte unha recensión crítica de María Navarro sobre Xoa, de Antonio Yáñez Casal, que reproducimos integramente: Ingredientes atractivos Con boa cadencia narrativa Os cambios supoñen a miúdo unha crise que non sempre resulta doado asimilar, toda ruptura co setado anterior leva asociada unha modificación ou alteración,ás veces, difícil de encaixar.

Recensión de Ramón Nicolás sobre «Xoa», de Antonio Yáñez Casal

O crítico Ramón Nicolás publicou unha pequena recensión en La Voz de Galicia sobre Xoa, de Antonio Yañez Casal, que reproducimos: Os sete puntos da xoaniña Finalista na última edición do Premio Merlín, Antonio Yáñez –quen conta cunha ampla experiencia na narrativa para primeiros lectores- ofrece un cumprido e imaxinativo volume que se acobilla á clásica fórmula da fábula, por extensión tamén á dunha alegoría.

«A filla do ladrón de bicicletas», «Xoa» e a «Guía ilustrada da Galicia invisible»: as novidades infantís de Xerais

Romina Bal publicou onte no suplemento Lecer do Galicia Hoxe un artigo literario sobre tres das últimas novidades de Xerais destinadas especialmente aos lectores infantís: o Premio Merlín 2010, gañado por Teresa González Costa con A filla do ladrón de bicicletas, Xoa, de Antonio Yañez Casal e a Guía ilustrada da Galicia invisible, de Antonio Reigosa.