Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: xoán_manuel_garrido_vilariño

Unha proposta literaria para saírmos do confinamento, con mención a varios títulos publicados por Xerais. Anotación no blog «Ferradura en tránsito»

O crítico Xosé Manuel Eyré publicou no seu blog Ferradura en Tránsito unha selección de libros para o confinamento, con mención a varios títulos publicados por Xerais: Singamia 1.1, de Ramón Caride; Se isto é un home, de Primo Levi; O mar que nos leva, de Moncha Fuentes; Os corpos invisibles, de Emma Pedreira; A póla branca, de Xavier Seoane; Transmatria, de Daniel Asorey e Chegamos despois a una terra gris, de Raúl Dans.

A chegada ao galego dun clásico xuvenil da literatura francesa: «A guerra dos botóns», de Louis Pergaud. Anotación en El Correo Gallego

O xornal El Correo Gallego publicou unha anotación asinada por Ánxela Gracián sobre o libro: A guerra dos botóns, de Louis Pergaud, publicado por Xerais na colección Fóra de Xogo. O artigo pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

Unha novela rabiosamente moderna e actual: «Se isto é un home», de Primo Levi. Anotación de Manuel Bragado

O editor Manuel Bragado publicou no seu blog Brétemas unha anotación sobre o libro: Se isto é un home, de Primo Levi, con traducción de Xoán Manuel Garrido Vilariño. O libro está publicado por Xerais na colección Narrativa.

Unha alegación de corte pacifista: «A guerra dos botóns», de Louis Pergaud. Crítica de Ramón Nicolás

O escritor e crítico literario Ramón Nicolás publicou no seu blog Caderno da Crítica unha anotación sobre o libro: A guerra dos botóns, de Louis Pergaud. O libro está publicado por Xerais na colección Fóra de Xogo.

Xoán Manuel Garrido: «Este libro pódese tomar como unha advertencia e esperemos que lle fagamos caso». Entrevista no xornal «La Voz de Galicia» sobre o libro: «Se isto é un home»

O xornal La Voz de Galicia, publicou unha entrevista de Jorge Lamas a Xoán Manuel Garrido, tradutor da obra: Se isto é un home, de Primo Levi. O libro está publicado por Xerais na colección Narrativa. O artigo pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

Novidade: «A guerra dos botóns», de Louis Pergaud. Un clásico da literatura que fai unha interpretación irónica e pacifista sobre os conflitos bélicos

A guerra dos botóns, de Louis Pergaud, é unha novidade da colección Fóra de xogo de Xerais. O libro está traducido por Xoán Manuel Garrido e Mercedes Isabel Martínez.

Unha testemuña expecional do holocausto nazi: «Se isto é un home», de Primo Levi. Crítica de Xosé Manuel Eyré

O crítico Xosé Manuel Eyré publicou no seu blog Ferradura en tránsito unha recensión sobre o libro: Se isto é un home, de Primo Levi, traducido por Xoán Manuel Garrido Vilariño. O libro está publicado por Xerais na colección Narrativa.

Ler este libro é queimar a alma con cada frase: «Se isto é un home», de Primo Levi. Crítica en Trafegando Ronseis

O blog Trafegando Ronseis  publicou unha anotación sobre o libro: Se isto é un home, de Primo Levi, traducido por Xoán Manuel Garrido Vilariño. O libro está publicado por Xerais na colección Narrativa.

Unha lectura transversal que convén dar a coñecer ás novas xeracións: «Se isto é un home», de Primo Levi. Crítica de Armando Requeixo no Diario Cultural

O crítico Armando Requeixo interviu no programa Diario Cultural da Radio Galega para facer unha crítica do libro: Se isto é un home, de Primo Levi, traducido por Xoán Manuel Garrido Vilariño. O libro está publicado por Xerais na colección: Narrativa. A súa intervención pode escoitarse nesta ligazón.

Un libro que devén un auténtico imperativo para que non desviemos a vista diante de calquera sinal de perigo que nos ameaza: «Se isto é un home», de Primo Levi. Anotación no Faro da Cultura

O suplemento Faro da Cultura, do Faro de Vigo, publicou unha anotación de Francisco Martínez Bouzas sobre o libro: Se isto é un home, de Primo Levi. O libro está publicado por Xerais na colección Narrativa. O artigo pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

Xoán Manuel Garrido: «O problema está cando os discursos deshumanizadores conseguen arrastrar as persoas comúns». Entrevista no «Diario Cultural» sobre: «Se isto é un home»

O programa Diario Cultural da Radio Galega emitiu unha entrevista co profesor e tradutor Xoán Manuel Garrido Vilariño sobre o libro: Se isto é un home, de Primo Levi. O libro está publicado por Xerais na colección Narrativa. A entrevista pode verse nesta ligazón.

Un documento memorialístico sobre unha das páxinas máis escuras e crueis da historia recente: «Se isto é un home», de Primo Levi. Crítica de Ramón Nicolás no suplemento Fugas

O escritor e crítico literario Ramón Nicolás publicou no seu blog Caderno da Crítica e no suplemento Fugas, de La Voz de Galicia, unha anotación sobre o libro: Se isto é un home, de Primo Levi. O libro está publicado por Xerais na colección Narrativa. O artigo pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.