Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: xornal_de_galicia

Crítica de «O Álbum na Literatura Infantil e Xuvenil (2000-2010)» no blog Trafegando ronseis

Crítica de «O Álbum na Literatura Infantil e Xuvenil (2000-2010)» no blog Trafegando ronseis

O blog Trafegando ronseis publica unha recensión crítica de O Álbum na Literatura Infantil e Xuvenil (2000-2010), da Rede Temática de Investigación “LIJMI”. O álbum na literatura infantil e xuvenil (2000-2010) A verdade é que tan pronto souben da súa publicación, procureino.

Crítica de Xosé Feixó sobre «O álbum na Literatura Infantil e Xuvenil (2000-2010)»

Xosé Feixó publica no Faro da Cultura, de Faro de Vigo, unha recensión crítica de O Álbum na Literatura Infantil e Xuvenil (2000-2010), da Rede Temática de Investigación “LIJMI”. Estudando un formato De consulta imprescindible A Rede Temática de Investigación LIJMI vén de publicar O Álbum na Literatura Infantil e Xuvenil (2000–2010).

Os sonetos de Shakespeare falan en galego

Os sonetos de Shakespeare falan en galego

O Xornal de Galicia publicou onte unha información sobre a tradución dos Sonetos de Shakesperare, feita por Ramón Gutiérrez Izquierdo. Os sonetos de Shakespeare falan en galego O profesor Ramón Gutiérrez Izquierdo traduce os versos do escritor para Xerais O profesor Ramón Gutiérrez Izquierdo (Ourense, 1956) vén de publicar en Xerais a súa tradución dos Sonetos de Shakespeare.

O álbum ilustrado na literatura infantil e xuvenil

O álbum ilustrado na literatura infantil e xuvenil

O Xornal de Galicia publica unha información sobre a aparición de O Álbum na Literatura Infantil e Xuvenil (2000-2010), da Rede Temática de Investigación “LIJMI” é unha das novidades do mes de setembro.

«Limpeza de sangue», de Rubén Ruibal, será levada ao cine por Filmanova

Limpeza de sangue, a obra de teatro de Rubén Ruibal que fora galadardoada co Premio Álvaro Cunqueiro e posteriormente co Premio Nacional de Teatro, será levada ao cine por Filmanova, segundo informa Alberto Ramos no Xornal de Galicia: «A produtora Filmanova está a desenvolver o proxecto para que a obra teatral escrita por Ruibal chegue á gran pantalla.

«Todo é silencio», de Manuel Rivas: a piques de comezar a rodaxe da película de José Luis Cuerda

Nunha semana comezará a rodaxe da película Todo é silencio, baseada na novela de Manuel Rivas, que será dirixida por José Luis Cuerda. Diversos medios, como Xornal de Galicia e Galicia Hoxe informan deste feito. A cinta está protagonizada por Quim Gutiérrez, Miguel Ángel Silvestre, Celia Freijeiro, Juan Diego e Xoque Carvajal.

Manuel Portas, entrevista en “Xornal de Galicia”

Manuel Portas é entrevistado en Xornal de Galicia por Iago Fandiño con motivo da presentación da súa segunda novela, Un dedo manchado de tinta. A relación de Manuel Portas (Barcelona, 1960) co galego vén de lonxe. Á parte de dedicarse ao ensino de lingua e literatura no instituto Xelmírez I de Compostela no mundo do idioma, desempeñou postos na dirección da Associaçom Galega da Língua.

Os sonetos do misterio

Os sonetos de Shakespeare son un dos cumes da poesía lírica de todos os tempos. Formados por un conxunto de 154 poemas baixo a forma estrófica do soneto inglés, foron escritos ao longo de varios anos e publicados por vez primeira no 1609.

Xerais publicará os cadernos de viaxe, inéditos, de Lois Pereiro

O Xornal de Galicia publica unha noticia de Iago Martínez, autor de Lois Pereiro. Vida e obra, sobre un novo proxecto que Xerais prepara arredor de Lois Pereiro, a partir dos seus cadernos de viaxe, inéditos.

«De Xente Nova a Brais Pinto. Memorias dun afiador rebelde», o próximo libro de Xosé Fernández Ferreiro

O xornal de Galicia publica a nova dunha das novidades de Xerais para o último trimestre do ano: Da xente nova a Brais Pinto. Memorias dun afiador rebelde, de Xosé Fernández Ferreiro. Reproducimos a información de Alberto Ramos: Fernández Ferreiro retrata a alma «revolucionaria» do Brais Pinto O novelista lanzará ás librarías a súa visión do colectivo nunha obra titulada De Xente Nova a Brais Pinto.

Crítica sobre «Despois da medianoite», da escritora india Salma

O Xornal de Galicia publicou unha recensión sobre Despois da medianoite, da escritora india Salma, asinada por A. M.

Paco Martín, homenaxeado pola AELG

O sábado celebrouse en Lugo a homenaxe que a AELG lle rendeu a Paco Martín, a XVII edición de O Escritor na súa Terra. Iago Martínez, no Xornal de Galicia, fai memoria da traxectoria de Paco Martín e inclúe tamén unha entrevista de Alberto Ramos co autor lugués.