Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: xosé_abilleira_sanmartín

A curiosa vida do tradutor ao galego de Homero: «Homenaxe a Evaristo de Sela (1917-1994)», de Xosé Abilleira e Stella Maris. Noticia no xornal «Atlántico Diario»

O xornal Atlántico Diario publicou una noticia asinada por Ana Baena sobre o libro: Homenaxe a Evaristo de Sela (1917-1994), de Xosé Abilleira e Stella Maris, publicado por Xerais na colección: Estudos Literarios. O artigo pode lerse ou descargarse en formato pdf nesta ligazón.

Presentación en Vigo de “Homenaxe a Evaristo de Sela (1917-1994)”

O mércores 19 de febreiro de 2020 ás 20:00 horas, na libraría Cartabón, rúa Urzáiz 125, Vigo, terá lugar a presentación do libro Homenaxe a Evaristo de Sela (1917-1994), coordinado por Xosé Abilleira Sanmartín e Stella Maris González Balbuena. No acto intervirán Xesús Alonso Montero, Dolores Losada Seijo, Agapito Valado e Fran Alonso.

Unha publicación importante que nos achega á figura dun gran filólogo, poeta e profesor: «Homenaxe a Evaristo de Sela (1917-1994)». Crítica de Ramón Nicolás

O escritor e crítico literario Ramón Nicolás publicou no seu blog Caderno da Crítica e no suplemento Fugas, de La Voz de Galicia, unha anotación sobre o libro: Homenaxe a Evaristo de Sela (1917-1994), coordinado por Xosé Abilleira e Stella Maris. O libro está publicado por Xerais na colección Estudos Literarios.

Presentación en Pontevedra de “As bolboretas do Mekong” de Cesáreo Sánchez Iglesias

O xoves 16 de xaneiro de 2020 ás 20:00 horas, no Edificio do Museo de Pontevedra, terá lugar a presentación do libro As bolboretas do Mekong de Cesáreo Sánchez Iglesias. No acto, organizado pola Asociación Cultural Maio Longo,  participarán Xosé María Álvarez Cáccamo, Xosé Abilleira Sanmartín e Cesáreo Sánchez Iglesias.

Presentada a «Homenaxe a Evaristo de Sela (1917-1994)», de Xerais. Noticia no xornal «El Correo Gallego»

O xornal El Correo Gallego publicou unha noticia sobre a presentación do libro: Homenaxe a Evaristo de Sela (1917-1994), de Xosé Abilleira e Stella Maris (coordinadores). A noticia pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

Novidade: «Homenaxe a Evaristo de Sela (1917-1994)», de Xosé Abilleira e Stella Maris. Un achegamento e un entusiasta recoñecemento a unha biografía cívica e intelectual admirable

Homenaxe a Evaristo de Sela (1917-1994), de Xosé Abilleira e Stella Maris (coordinadores) é unha novidade da colección Estudos Literarios. Evaristo González Fernández (Sela, Arbo, 1917-1994), «Evaristo de Sela», ocupa un posto moi relevante na historia das Letras galegas, nomeadamente como tradutor ao galego da «Ilíada» (1990) e da «Odisea» (1992), así como doutros textos moi significativos da poesía neohelénica.