Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: xosé_antón_neira_cruz

Programa de Xerais na Feira do Libro da Coruña 2020

Do 1 ao 10 de agosto terá lugar a Feira do Libro da Coruña 2020 na que Xerais ten preparado o programa seguinte:  Sábado, 1 de agosto  18:00 h.: Elba Pedrosa asinará O que non sabías 18:00 h.: Amador Castro Moure asinará Shangai a Barcelona 19:00 h.: Arancha Nogueira asinará  Dente de leite. 20:00 h.: Manuel Rivas asinará O Chispas e o resto da súa obra. 21:00 h.

Crítica de Paula Fernández sobre «Sopa de xarope de amora», de Xosé A. Neira Cruz

Paula Fernández publicou o pasado xoves no suplemento literario Faro da Cultura, do Faro de Vigo, unha recensión crítica sobre Sopa de xarope de amora, de Xosé A.

Todo o verán para a aventura, todo o verán para a lectura

En pleno mes de xullo aínda hai tempo para a choiva, agradécese especialmente cando refresca o ambiente, pero o mellor é enrouchar no mar, esa sensación que lle queda a un cando leva unha porrada de horas dentro da auga. O corpo pide sol e praia pero tamén quere froita, xeados e por que non, unha sopa, pero unha Sopa de xarope de amora. Este é o título da obra de Xosé A.

«Sopa de xarope de amora» de Xosé Antón Neira Cruz, Premio Manuel María

Estes días comezan a chegar ás librarías e bibliotecas públicas os exemplares de Sopa de xarope de amora, a obra de Xosé A. Neira Cruz gañadora do IVº Premio Manuel María de literatura dramática infantil. Unha fermosa edición acartonada, ilustrada por Marta Álvarez Miguens, dunha peza na que se recrean algúns dos contos tradicionais de fadas. Os nosos parabéns por tan magnífico traballo para Xosé A.

Rosalía de Castro en Xerais

Rosalía de Castro en Xerais

Hoxe, 24 de febreiro, celébrase o 172 aniversario do nacemento en Santiago de Compostela de Rosalía de Castro. Dende os inicios de Xerais, a nosa escritora primeira sempre tivo unha importante presenza no noso catálogo. O primeiro título foi en 1982 a Poesía completa en galego, en edición do profesor Benito Varela Jácome, actualmente descatalogada despois de ser reimpresa en múltiples ocasións.