Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: xosé_carlos_caneiro

Unha novela para desfrutar: «O espello do mundo», de Ramón Nicolás. Artigo de Xosé Carlos Caneiro

O escritor Xosé Carlos Caneiro publicou un artigo en La Voz de Galicia no que fala da novela O espello do mundo, de Ramón Nicolás.     O espello e o saber O oficio de crítico non é o máis recoñecido do mundo literario. Probablemente, tampouco é o máis grato. Cando o crítico adoita analizar a literatura dende a independencia de criterio non sempre encontra ao outro lado a comprensión dos seus interlocutores.

Un deses libros dos que un sae máis sabio e feliz: «Historia das historias de Galicia». Artigo de Xosé Carlos Caneiro

O escritor Xosé Carlos Caneiro publicou un artigo en La Voz de Galicia no que fala do libro Historia das historias de Galicia, editado por Isidro Dubert.

Valente, ousado, intrépido: «A rotura das paisaxes», de Xesús Constela. Artigo de Xosé Carlos Caneiro

Valente, ousado, intrépido: «A rotura das paisaxes», de Xesús Constela. Artigo de Xosé Carlos Caneiro

O escritor Xosé Carlos Caneiro publicou un artigo en La Voz de Galicia no que fala da novela  A rotura das paisaxes, de Xesús Constela. Sobre  Constela a súa novela, Caneiro afirma que é «ousado, intrépido, formalmente impecable. A literatura galega precisa voces como a súa», para engadir máis adiante: «Esta é a obra fundamental deste autor de perspectiva impar, non clasificable, como os seus textos.

Dúas novelas para eloxiar: «O dobrón de a oito», de Alberto Fortes, e «Liquidación de existencias», de Ramón Caride, nun artigo de Xosé Carlos Caneiro

Un artigo de Xosé Carlos Caneiro en La Voz de Galicia fala sobre dúas novelas recentes de Xerais: O dobrón de a oito, de Alberto Fortes, e Liquidación de existencias, de Ramón Caride.   Sobre O dobrón de a oito e Liquidación de existencias   (…) E eloxios tamén merece outra novela que recrea unha época distante da actual: a fin do século XVIII.

Xosé Carlos Caneiro: «Héctor Cajaraville entra pola porta grande da historia novelística galega»

O escritor Xosé Carlos Caneiro publicou un artigo en La Voz de Galicia no que fala da novela De remate, de Héctor Cajaraville, Premio Xerais de Novela 2015. Entre outras cousas, afirma que «Héctor Cajaraville entra pola porta grande da historia novelística galega». O artigo pode lerse ou descargase nesta ligazón.

Novela fantástica, espléndida: «A galera de Xelmírez», de Xabier Paz. Artigo de Xosé Carlos Caneiro

Xosé Carlos Caneiro escribiu no seu artigo de La Voz de Galicia sobre a novela A galera de Xelmírez, de de Xabier Paz.   (…) E outra novela fantástica, espléndida, que debe ler calquera lector ávido da nosa historia, e máis dese personaxe fulcral dentro da mesma: Xelmírez. A galera de Xelmírez é unha pequena alfaia que nos regala un dos narradores galegos polos que sinto maior aprezo. Nunca fallou.

Excelente: «Un animal chamado néboa», de Ledicia Costas. Artigo de Xosé Carlos Caneiro

Xosé Carlos Caneiro escribiu no seu artigo de La Voz de Galicia sobre Un animal chamado néboa, de Ledicia Costas.   A néboa Adoitaba a dicir Gonzalo Torrente Ballester que a néboa facía vivir aos galegos nun mundo de marabilla, ficción, unha intrahistoria particular que os diferenciaba do resto do mundo. A súa literatura, e especialmente o lugar de Castroforte del Baralla, bebe dese universo distinto e distinguido.

Un texto moi orixinal: «Cadeas», de Xabier López López. Artigo de X. C. Caneiro

Xosé Carlos Caneiro escribiu no seu artigo do suplemento Culturas de La Voz de Galicia sobre Cadeas, de Xabier López López, novela gañadora do Premio Xerais 2013.   Cadeas, de Xabier López, é un exemplo notorio e notable deste tipo de narracións cosidas. A novela ganou o Xerais 2013, e parécenos un collage atractivo e voluntariamente esteticista.

Goce estético: «Un rato díxolle á lúa«, de Antonio García Teijeiro. Artigo de Xosé Carlos Caneiro

Xosé Carlos Caneiro abordou no seu artigo o libro Un rato díxolle á lúa, unha antoloxía da poesía de Antonio García Teijeiro feita por Fran Alonso e ilustrada por Xosé Cobas, con música de Paco Ibáñez. Para Caneiro este libro é un «goce estético ao que só acaen epítetos espléndidos». Pode lerse aquí o artigo completo.

Un libro, pequena alfaia, froito do amor: «Tastarabás», a enciclopedia dos xoguetes e brinquedos tradicionais de Antón Cortizas. Artigo de X. C. Caneiro

O Culturas de La Voz de Galicia acolleu o pasado sábado un artigo de Xosé Carlos Caneiro no que fala de Tastarabás, a enciclopedia dos xoguetes e brinquedos tradicionais de Antón Cortizas.     Os grandes libros son sempre fillos do amor. Poder apertar e agarimar un deles é un gozo que abunda na miña vida, pracer maior ao que non quero nin podo renunciar.

Gran novela de aventuras, extraordinaria: «Costa do Solpor», de Xosé Mª Lema. Artigo de Xosé Carlos Caneiro

O Culturas de La Voz de Galicia acolleu o pasado sábado un artigo de Xosé Carlos Caneiro titulado «Stevenson» no que fala da novela Costa do Solpor de Xosé Mª Lema.   Stevenson Nestes últimos quince días só fun quen de ler unha novela na lingua de Nós. Abofé que pagou a pena. Veñpo de gozar moitísimo coa lectura de Costa do solpor. Gran novela, extraordinaria.

Unha biografía escrita con acerto: «Onde o mundo se chama Celso Emilio Ferreiro», de Ramón Nicolás, segundo X. C. Caneiro

O Culturas de La Voz de Galicia acolleu o pasado sábado un artigo de Xosé Carlos Caneiro titulado «Biografía»  no que fala do libro Onde o mundo se chama Celso Emilio Ferreiro, de Ramón Nicolás.   …Omito verbalizacións para ponderar en xusta medida Onde o mundo se chama Celso Emilio Ferreiro, editado por Xerais e asinado por Ramón Nicolás. Todo son virtudes, ou iso me parece.