Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: xosé_cobas

Novidade: «Os camiños do vento», de Xavier Estévez. Unha viaxe a través dos camiños do vento

Os camiños do vento, de Xavier Estévez, con ilustracións de Xosé Cobas, é unha novidade da colección Merlín de Xerais. Lucas e Sara comezan o novo curso xuntos no instituto. O cambio á ESO non será doado, e menos cando un novo misterio peta nas súas portas. Unha pequena ladroa de peixe aparece no peirao onde adoitan ir pasear.

A importancia das badaladas de Xabier, a quen lembramos sempre con saudades e admiración: «O misterio das badaladas», de Xabier P. DoCampo. Anotación de Manuel Bragado

O editor Manuel Bragado publicou no seu blog Brétemas unha anotación sobre o libro: O misterio das badaladas, de Xabier P. DoCampo, ilustrado por Xosé Cobas. O libro está publicado por Xerais na colección Merlín.    O misterio das badaladas, de Xabier P.

Antonio García Teijeiro: Escribo aquilo que sinto, o que me fai feliz e que pode facer felices aos demais. Entrevista en Faro de Vigo sobre «Lendo lendas, digo versos»

O xornal Faro de Vigo publicou unha entrevista de A. Mariño ao escritor Antonio García Teijeiro sobre o libro: Lendo lendas, digo versos. asinado tamén por Antonio Reigosa e ilustrado por Xosé Cobas. O libro foi un dos elixidos pola Lista de Honra do IBBY Organización Internacional para o Libro Xuvenil, recoñecemento que recibiron en Atenas. O artigo pode lerse ou descargarse en formato pdf nesta ligazón.

Entrega do diploma da «Lista de Honra do IBBY 2018» a «Lendo lendas, digo versos», de Antonio García Teijeiro e Antonio Reigosa

O libro Lendo lendas, digo versos de Antonio García Teijeiro e Antonio Reigosa, con ilustracións de Xosé Cobas, recibiu o diploma que acredita a súa inclusión na Lista de Honra do IBBY no ano 2018. O acto de entrega tivo lugar no marco do 36º Congreso Mundial do IBBY, celebrado en Atenas do 30 de agosto ao 1 de setembro pasados.

Unha marabilla editorial na que o tándem Cobas-DoCampo acada o cénit da súa fusión estético-narrativa: «O libro das viaxes imaxinarias», de Xabier P. DoCampo. Crítica de Montse Pena Presas

O programa Chamando á Terra, da Radio Galega, emitiu unha opinión crítica de Montse Pena Presas sobre O libro das viaxes imaxinarias, de Xabier P. DoCampo, ilustrado por Xosé Cobas. A opinión crítica pode escoitarse nesta ligazón.

“Lendo lendas, digo versos” de Antonio García Teijeiro e Antonio Reigosa, Lista de Honra do IBBY 2018

O libro Lendo lendas, digo versos de Antonio García Teijeiro e Antonio Reigosa  e con ilustracións de Xosé Cobas foi nomeado para a Lista de Honra do IBBY, 2018. Cada dous anos se publica en inglés o catálogo da Lista de Honra do IBBY que inclúe os libros que se consideran sobresaíntes pola calidade dos textos, ilustracións ou traducións.

«Lendo lendas, digo versos» na Lista de Honra de IBBY. Anotación en Brétemas

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha anotación sobre o libro Lendo lendas, digo versos de Antonio Reigosa e Antonio García Teijeiro, ilustrado por Xosé Cobas, que foi seleccionado para a Lista de Honra do IBBY 2018.

O libro «Lendo lendas, digo versos», de Antonio García Teijeiro e Antonio Reigosa, seleccionado para a Lista de Honra do IBBY

O libro Lendo lendas, digo versos de Antonio Reigosa e Antonio García Teijeiro, ilustrado por Xosé Coba, foi seleccionado para a Lista de Honra do IBBY 2018, segundo informou a OPLI, que deu a coñecer as obras elixidas. A lista recolle de xeito bianual unha selección dos libros máis significativos de recente publicación que se editan no mundo, en función do seu interese e calidade.

Aposta interartística: «Lendo lendas, digo versos», de Antonio García Teijeiro e Antonio Reigosa

O xornal El Correo Gallego publicou unha recensión crítica de Mar Fernández Vázquez sobre o libro Lendo lendas, digo versos de Antonio Reigosa e Antonio García Teijeiro, ilustrado por Xosé Cobas. A recensión crítica pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.

Obras finalistas dos Premios Gala do Libro Galego 2016

Esta fin de semana déronse a coñecer as obras finalistas dos Premios Gala do Libro Galego 2016, convocados conxuntamente, por primeira vez, pola Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega (AELG), a Asociación Galega de Editoras (AGE) e a Federación de Librarías de Galicia. Xerais está representada por un importante número de obras.   Obras finalistas do Premios Gala do Libro Galego 2016 Ensaio Carlos Maside.

Presentación na Coruña de “Que non te aten” de Manuel Iglesias Turnes

O venres, 1 de abril, ás 20:00 horas, na Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés, rúa Miguel González Garcés, 1, A Coruña, terá lugar a presentación da novela Que non te aten de Manuel Iglesias Turnes.

Delicioso volume: «Lendo lendas, digo versos», de Antonio García Teijeiro e Antonio Reigosa

O suplemento Faro da Cultura, de Faro de Vigo, publicou unha recensión crítica de Román Raña sobre  o libro Lendo lendas, digo versos de Antonio Reigosa e Antonio García Teijeiro, ilustrado por Xosé Cobas.   A recensión crítica pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.