Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: xosé_de_cea

Presentación na Coruña de “Revolución Detrito” de Xosé de Cea

O xoves 4 de xullo, ás 20:00 horas, nos locais da Agrupación Cultural Alexandre Bóveda da Coruña, terá lugar a presentación do libro Revolución Detrito de Xosé de Cea, novela finalista do XII Premio Raíña Lupa de Literatura Infantil e Xuvenil.

Presentación en Melide de “Revolución Detrito” de Xosé de Cea

O sábado 8 de xuño ás 20:00 horas, no Museo da Terra de Melide, terá lugar a presentación do libro Revolución Detrito de Xosé de Cea, finalista do XII Premio Raíña Lupa de Literatura Infantil e Xuvenil. No acto, organizado coa colaboración do Museo da Terra de Melide, a Asociación Veciñal Melidá e da Asociación Cultural Terra de Melide, participarán Marga Quintela, Antom Laia e Xosé de Cea.

No territorio fronteirizo dunha proposta acaída para calquera tipo de lectorado: «Revolución Detrito», de Xosé de Cea. Crítica de Ramón Nicolás no suplemento Fugas

O escritor e crítico literario Ramón Nicolás publicou no seu blog Caderno da Crítica e no suplemento Fugas, de La Voz de Galicia, unha anotación sobre o libro: Revolución Detrito, de Xosé de Cea. O libro foi finalista do XII Premio Raíña Lupa de Literatura Infantil e Xuvenil, e está publicado por Xerais na colección Fóra de Xogo. O artigo pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

Novidade: «Revolución Detrito», de Xosé de Cea. Cando a fantasía se converte na válvula de escape dunha realidade atroz

Revolución Detrito, de Xosé de Cea, é unha novidade da colección Fóra de xogo de Xerais. O libro foi finalista do XII Premio Raíña Lupa de Literatura Infantil e Xuvenil Ticho é un neno de once anos que malvive nunha chabola xunto co seu pai eivado e a súa irmá Area. El traballa de sol a sol nunha mina de carbón e a irmá fai outro tanto nun vertedoiro de lixo.