Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: xosé_fernández_ferreiro

O alumnado do CPI Viaño Pequeno opina sobre as lecturas no blog da biblioteca

O blog da Biblioteca de Secundaria do CPI Viaño Pequeno de Trazo publicou diversas opinións do alumnado sobre libros publicados por Xerais.

Falece o escritor Xosé Fernández Ferreiro

O escritor Xosé Fernández Ferreiro faleceu na noite de onte na cidade da Coruña. Nacido en 1931, o autor de Nogueira de Ramuín dedicou a vida enteira á literatura e ao xornalismo.

Xosé Fernández Ferreiro, o escritor bidueiro. Por Francisco Fernández Naval

O escritor Francisco Fernández Naval publicou no seu blog unha anotación sobre Xosé Fernández Ferreiro.   XOSÉ FERNÁNDEZ FERREIRO Estes días pasei bastantes horas co meu amigo, o escritor Pepe Fernández Ferreiro, nacido en Espartedo, concello de Nogueira de Ramuín en 1931. Coincidiu, tamén, que sabendo destes nosos encontros, algunhas persoas me falaron del.

Os dez premios Xerais máis vendidos. Reportaxe de César Lorenzo

BiosBardia publicou unha reportaxe de César Lorenzo Gil sobre as dez novelas gañadoras do Premio Xerais que resultaron ser as máis vendidas desde a primeira convocatoria (Foto de Manuel G. Vicente).   Os dez premios Xerais máis vendidos O 7 de xuño coñeceremos o próximo Premio Xerais de Novela.

Presentación na Coruña de “Emilia Pardo Bazán. Unha nena seducida polos libros” de Mª Xosé Queizán

O xoves, 13 de marzo, ás 19:00 horas, no Salón de Actos da Real Academia Galega, rúa Tabernas, 11 da Coruña, terá lugar a presentación do libro Emilia Pardo Bazán. Unha nena seducida polos libros de Mª Xosé Queizán. No acto, organizado pola Casa-Museo Emilia Pardo Bazán, participarán Xosé Fernández Ferreiro, Manuel Bragado e a autora.

Recomendaríalle este libro a quen lle guste saber o final antes de ler toda a historia: «Agosto do 36», de Xosé Fernández Ferreiro. A opinión dunha estudante

O blog As estelas dos ronseis, do IES de Silleda, reproduce a opinión da estudante Patricia Lázara Framiñán sobre Agosto do 36, de Xosé Fernández Ferreiro.   Agosto do 36 Este libro de Xosé Fernández Ferreiro cóntanos a historia de como fusilan a balazos a Gregorio e mais á súa muller Sara. Todo isto aconteceu na vila de Abades, en agosto do 36 pouco despois de iniciar a guerra.

Xosé Fernández Ferreiro, novo académico da RAG

O escritor Xosé Fernández Ferreiro ingresou o pasado sábado na Real Academia Galega ocupado a cadeira que deixou vacante a morte de Francisco Fernández del Riego.

«De Xente Nova a Brais Pinto», de Xosé Fernández Ferreiro: o libro dos que tanto brillo espontáneo aportaron a unha época escura. Crítica de Vicente Araguas

Vicente Araguas publicou unha recensión crítica sobre o libro de memorias de Xosé Fernández Ferreiro, titulado De Xente Nova a Brais Pinto, e subtitulado Memorias dun afiador rebelde, nos xornais Atlántico e La Región. O crítico Araguas refírese a el como «un libro moi sabedor», que vén cheo de datos e refírese á xeración de Brais Pinto como aquela xente que «tanto brillo espontáneo aportaran a unha época escura».

Ramón Piñeiro e a eclosión do nacionalismo de esquerda en «Como en Alxeria», de Xosé Ramón Pena. Artigo de X. L. Méndez Ferrín

X. L. Méndez Ferrín dedicou o seu artigo Caixa Postal do 6 de outubro no Faro de Vigo a Como en Alxeria, de Xosé Ramón Pena.   Como en Alxeria   Comentabamos neste Fonde de Espellos o pasado 22 de setembro que, de súpeto, emerexeron, coma comgumelos inagardados, algúns libros que afondan na historia daquela Resistencia ao franquismo. Citaba estas obras: Luís Soto.

A memoria da resistencia antifranquista nos últimos libros de Xerais, por X. L. Méndez Ferrín

X. L. Méndez Ferrín dedicou o seu artigo Caixa Postal a tres libros da colección Crónica de Xerais e un de Narrativa: Luís Soto. A xeira pola unidade galega, de Xurxo Martínez González; De Xente Nova a Brais Pinto, de Xosé Fernández Ferreiro; Onde o mundo se chama Celso Emilio Ferreiro, de Ramón Nicolás; e a novela Iria de Anxo Angueira.

Xosé Fernández Ferreiro fala sobre “De Xente Nova a Brais Pinto”

Xosé Fernández Ferreiro fala De Xente Nova a Brais Pinto coincidindo coa presentación o pasado 4 de agosto deste libro de memorias na Feira do Libro da Coruña. Na entrevista di que os membros de Xente Nova “queriamos crear unha Galicia nova sen olvidar o pasado. Tiñamos moitas ideas e pouco fudamento. Tiñamos moita ilusión”.

Xosé Fernández Ferreiro: «Son un romántico de aldea». Entrevista de Concha Pino en Tempos Novos

O último número da revista Tempos Novos inclúe unha longa entrevista de Concha Pino con Xosé Fernández Ferreiro, un dos escritores claves da literatura galega, nacido en 1931.