Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: xosé_luís_axeitos

As mareas dun poeta irrepetible: «Manuel Antonio. Unha vida en rebeldía», de Xosé Luís Axeitos. Anotación en Brétemas

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha anotación sobre a presentación da biografía Manuel Antonio. Unha vida en rebeldía, de Xosé Luís Axeitos.

Novidade: «Manuel Antonio. Unha vida en rebeldía», de Xosé Luís Axeitos. A biografía dun poeta que camiñou en liberdade

A biografía Manuel Antonio. Unha vida en rebeldía, de Xosé Luís Axeitos, é unha novidade de Xerais Crónica. Manuel Antonio embarcou en 1926 no Constantino Candeira para navegar a vela os douscentos días de mar preceptivos na procura dun medio de vida. E desembarcou ao ano seguinte, sen traballo pero consagrado como poeta.

A biografía máis documentada de Manuel Antonio, que achega aspectos totalmente descoñecidos

O xornal Sermos Galiza publicou unha reportaxe de R. Castro sobre o libro Manuel Antonio. Unha vida en rebeldía, de Xosé Luís Axeitos.

Presentación en Celanova de “Terradentro” de Xosé Benito Reza

O martes, 16 de maio, 2017, ás 20,00 horas, na Casa dos Poetas, rúa Curros Enríquez, 37, Celanova, terá lugar a presentación do libro Terradentro de Xosé Benito Reza. No acto, organizado en colaboración coa Fundación Curros Enríquez, participarán Xosé Luís Axeitos, Manuel Bragado e Xosé Benito Reza.

Presentación en Rianxo de “Iria” de Anxo Angueira

O venres, 4 de outubro, ás 20:30 horas, no Salón de Actos do Auditorio de Rianxo, rúa Autores da Rianxeira- Parque de Galicia, terá lugar a presentación de Iria de Anxo Angueira. No acto, organizado polo Concello de Rianxo e Xerais, participarán X.L. Méndez Ferrín, Xosé Luís Axeitos, Manuel Bragado e Anxo Angueira.

«Exlibris Gallaeciae. Dos libros de Galicia», un percorrido a través das xoias bibliográficas da cultura galega

O pasado 25 de novembro inaugurouse no Arquivo da Cidade da Cultura a mostra «Exlibris Gallaeciae. Dos libros de Galicia», unha exposición bibliográfica que constitúe un percorrido fulcral a través das 80 pezas máis importantes da bibliografía galega. Trátase dunha selección de libros que definen momentos clave na historia de Galicia, constituíndo un itinerario de luxo pola memoria impresa do noso país.

«O grito do Ipiranga» de Luís Manuel García Mañá, presentación na Coruña

Mañá venres, 23 de abril, ás 19:00 horas na sede da Fundación Barrié da Coruña (Cantón Grande nº 9) presentarase a novela de Luís Manuel García Mañá O grito do Ipiranga. No acto acompañarán ao autor, José María Barja Pérez (Reitor da Universidade da Coruña), Xosé Luís Axeitos Agrelo (secretario da Real Academia Galega) e o editor Manuel Bragado.

Presentación de «Sete palabras» en Rianxo

A edición impresa de La Voz de Galicia do Barbanza publica unha extensa crónica do que foi a presentación en Rianxo da novela de Suso de Toro, Sete palabras. O acto, organizado pola asociación cultural Barbantia reuniu a un cento de persoas e o concello de Rianxo, coincidiu coa celebración do 124 aniversario do nacemento de Castelao.

«Sete palabras» de Suso de Toro, presentación en Rianxo

O libro de Suso de Toro Sete palabras será presentado este venres 29 de xaneiro ás 20:30 no auditorio de Rianxo. No acto estarán presentes o autor; o secretario de Barbantia, Xosé Ricardo Losada; o académico, investigador e Premio Barbantia da Cultura Galega 2009, Xosé Luís Axeitos; o director de Xerais, Manuel Bragado; e mais o alcalde de Rianxo, Pedro Piñeiro.

Manuel Rivas, acto de ingreso mañá na Academia Galega

Mañá, sábado 12 de decembro, ás 12:00 horas, no Paraninfo da Universidade da Coruña (Mestranza, s/n) terá lugar o acto de ingreso como académico de número do escritor Manuel Rivas, quen dará lectura ao discurso de ingreso A boca da literatura (Memoria, ecoloxía e lingua), e a quen responderá en nome da Academia Xosé Luís Axeitos Agrelo.

«Sete palabras» de Suso de Toro, presentación na Coruña

O vindeiro luns, 14 de decembro, ás 19,00 horas no Salón de Actos do centro UNED, Rúa Pepín Rivero, 3 Cidade Escolar da Coruña, terá lugar unha tertulia literaria arredor de Sete palabras, a máis recente novela de Suso de Toro.

«Sete palabras» de Suso de Toro, tertulia de presentación en Santiago

O vindeiro martes, 17 de novembro, ás 20:00 horas na Galería Sargadelos de Santiago (Rúa nova 16) no seo dunha tertulia presentarse Sete palabras, a novela máis recente de Suso de Toro.