Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: xosé_manuel_eyré

Crítica de Xosé Manuel Eyré sobre «Lapidarias», de David Rodríguez, ao que califica de «impresionante poemario»

O crítico Xosé Manuel Eyré publica en A Nosa Terra unha recensión sobre o poemario Lapidarias, de David Rodríguez, baixo o título «Contraste do poeta atrapado». Reproducimos algúns fragmentos: Da apocalipse que atoparei -non do paraíso perdido- teño nostalxia (111) Abonda este poema para ensinar o estado de ánimo desde o que David Rodríguez escribe este impresionante poemario.

Crítica de Xosé Manuel Eyré sobre «O coitelo en novembro», de Marilar Aleixandre

O crítico Xosé Manuel Eyré publica en A Nosa Terra unha recensión sobre O coitelo en novembro, de Marilar Aleixandre. A recensión pode lerse completa en A Nosa Terra. Reproducimos, a continuación, algúns dos principais parágrafos: Non incomode se adianto resposta. É novela e non é novela.

Crítica de Xosé Manuel Eyré en A Nosa Terra sobre «Denso recendo a salgado», de Manuel Portas

Crítica de Xosé Manuel Eyré en A Nosa Terra sobre «Denso recendo a salgado», de Manuel Portas

O  crítico Xosé Manuel Eyré publica en A Nosa Terra unha recensión crítica na que valora a primeira novela de Manuel Portas como unha das mellores do ano 2010. Publicamos un resumo amplo da recensión de  Denso recendo a salgado, que pode lerse completa en A Nosa Terra: Denso recendo a salgado, a novela de Manuel Portas, o obxectivo da nosa crónica letresca, é un bon exemplo de canto vimos de dicir.

«Denso recendo a salgado» considerada como unha das mellores novelas do ano

Primeiro contacto con Denso recendo a salgado E metinlle 140 páxinas dunha sentada. Sen dúbida, a de Manuel Portas é unha das mellores novelas de 2010. Como dixo Dolores Vilavedra, é moito de salientar que resolva tan ben un argumento pexado por tratamentos anteriores. Moito, malia que caia nun das trapelas máis crueis en que pode meter a pata un escritor, a confusión de personaxes.

«Dragal», novela de aventuras para a mocidade

O crítico Xosé Manuel Eyré publica unha recensión en A Nosa Terra baixo o denominador común de «novelas de aventuras para a mocidade» na que aborda dous títulos da colección Fóra de Xogo publicadas recentemente por Xerais: A cripta do Apóstolo e Dragal.

«A cripta do Apóstolo», novela de aventuras para a mocidade

O crítico Xosé Manuel Eyré publica unha recensión en A Nosa Terra na que aborda dúas novela da colección Fóra de Xogo publicadas recentemente por Xerais: A cripta do Apóstolo e Dragal.

Crítica de Xosé Manuel Eyré sobre «Periferia», de Iolanda Zúñiga

Crítica de Xosé Manuel Eyré sobre «Periferia», de Iolanda Zúñiga

O crítico Xosé Manuel Eyré publica hoxe en A Nosa Terra unha recensión crítica sobre Periferia, de Iolanda Zúñiga, Premio Xerais de Novela 2010.  A recensión pódese ler integramente aquí. Reproducimos algúns parágrafos: (…) Periferia hai que entendela inserida na eclosión, desde hai dúas décadas máis ca nada, da literatura feita nas favelas ou sobre as favelas.

«Periferia», de Iolanda Zúñiga, e a trata de futbolistas

O crítico Xosé Manuel Eyré continúa a incluír no seu blog novas citas, subliñados e reflexións en torno á novela gañadora do Premio Xerais 2010, Periferia, de Iolanda Zúñiga. Nun deses apuntamentos, incide no capítulo da novela que está dedicado ao fútbol e a súa relación coa sociedade brasileira, así como a «trata» de futbolistas.

Citas de Xosé Manuel Eyré sobre «Periferia», de Iolanda Zúñiga

Citas de Xosé Manuel Eyré sobre «Periferia», de Iolanda Zúñiga

O crítico Xosé Manuel Eyré publica un novo post con algunhas citas sobre Periferia, a novela coa que Iolanda Zúñiga gañou o  Premio Xerais 2010.

Crítica de Xosé Manuel Eyré sobre «Asasinato no Consello Nacional», de Diego Ameixeiras

Crítica de Xosé Manuel Eyré sobre «Asasinato no Consello Nacional», de Diego Ameixeiras

Xosé Manuel Eyré publica hoxe en A Nosa Terra unha recensión crítica sobre Asasinato no Consello Nacional, de Diego Ameixeiras: O nacionalismo é un dos temas pouco frecuentados na literatura galega. Aqueles que acusan a nosa literatura de dogmatismo, de estar ao servizo do ideario nacionalista e de serlle debedora, fano a conta de, interesadamente, non repararen neste indicio.

«Periferia», de Iolanda Zúñiga, primeiras impresións do crítico Xosé Manuel Eyré

«Periferia», de Iolanda Zúñiga, primeiras impresións do crítico Xosé Manuel Eyré

O crítico Xosé Manuel Eyré publica un breve post coas súas primeiras impresións sobre Periferia, a novela de Iolanda Zúñiga gañadora do Premio Xerais 2010. O crítico, que manifesta o seu pasmo nun momento en que aínda non rematou de lela, declara descubrir con esta novela a auténtica estatura narradora da escritora. «Estamos no XXI», escribe. Pode lerse  completo aquí.

Crítica sobre de Xosé Manuel Eyré sobre «Luz de Tebra» en A Nosa Terra

Crítica sobre de Xosé Manuel Eyré sobre «Luz de Tebra» en A Nosa Terra

A Nosa Terra publica hoxe a crítica sobre Luz de Tebra, do médico e escritor Ánxel Vázquez de la Cruz, que Xosé Manuel Eyré dera a coñecer a través do seu blog. Nela fala do libro de Vázquez de la Cruz como o descubrimento literario do ano. A crítica pode lerse na sección de libros de A Nosa Terra.