Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: xosé_manuel_núñez_seixas

Presentación en Santiago de “A noite branca”

O martes, 18 de decembro, ás 20:00 horas, na Capela do IES Rosalía de Castro de Santiago, terá lugar a presentación da novela A noite branca de Francisco Xosé Fernández Naval. No acto participarán María Jesús Cabado Pampín,  Xosé M. Núñez Seixas (LMU, Múnich), que intervirá a través de skype, Fran Alonso e o autor. Acompañamento musical de Carlos Arias. Ao remate servirase un viño ofrecido por Colección Costeira.

Presentación en Ourense de “A noite branca” de Francisco X. Fernández Naval

O venres, 14 de decembro, ás 20:00 horas, no Salón Noble do Liceo de Ourense, rúa Valentín Lamas Carvajal, 5 Ourense, terá lugar a presentación da novela A noite branca de Francisco X. Fernández Naval.  No acto participarán,  Luís Manuel García Mañá, Xosé M. Núñez Seixas (LMU, Múnich), que intervirá a través de skype, Fran Alonso e o autor,  Acompañamento musical de José Luis Fernández Carnicero.