Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: xosé_manuel_pacho_blanco

Crítica de Ramón Nicolás sobre «V Premio Diario Cultural de Teatro Radiofónico»

Ramón Nicolás publicou nas páxinas do suplemento Culturas de La Voz de Galicia unha recensión crítica sobre o V Premio Diario Cultural de Teatro Radiofónico, editado por Xerais e a Radio Galega.

Crítica de Lucía Seoane sobre «V Premio Diario Cultural de Teatro Radiofónico»

Crítica de Lucía Seoane sobre «V Premio Diario Cultural de Teatro Radiofónico»

Lucía Seoane publica no suplemento Faro da Cultura, de Faro de Vigo, unha recensión crítica sobre V Premio Diario Cultural de Teatro Radiofónico, editado por Xerais e a Radio Galega: Ver sen ver Teatro nas ondas O pasado 1 de abril, o xurado da V edición do Premio Diario Cultural de Teatro radiofónico acordou concederlle o premio do ano 2011 á obra titulada Paraísos, da autoría de Xosé Manuel Pacheco Blanco.

Crítica de Manuel Rodríguez Alonso sobre «V Premio Diario Cultural de Teatro Radiofónico»

Manuel Rodríguez Alonso publica no seu blog unha recensión crítica de V Premio Diario Cultural de Teatro Radiofónico, editado por Xerais e a Radio Galega: (…) O libro reúne os autos (entendido o termo auto como peza breve de teatro, tanto relixiosa como profana) gañador e finalistas do V Premio Diario Cultural de Teatro Radiofónico.

Crítica de Francisco Martínez Bouzas sobre «V Premio Diario Cultural de Teatro Radiofónico»

Crítica de Francisco Martínez Bouzas sobre «V Premio Diario Cultural de Teatro Radiofónico»

O crítico Francisco Martínez Bouzas publica no seu blog unha recensión crítica sobre o V Premio Diario Cultural de Teatro Radiofónico, editado por Xerais e a Radio Galega Reproducímola integramente: Teatro ou historias radiadas? Confesa a dramaturga Ana Vallés que, cando Ana Romaní lle propuxo a dirección da presente edición de teatro radiofónico (V Premio Diario Cultural), o primeiro referente no que pensou, foi a radionov

Crítica de Armando Requeixo sobre «V Premio Diario Cultural de Teatro Radiofónico»

Armando Requeixo publica no seu blog unha recensión crítica sobre o V Premio Diario Cultural de Teatro Radiofónico, editado por Xerais e a Radio Galega Reproducímola integramente: Teatro (ir)radiado Paseniño, como todo o bo que se deixa ir indo, chega á quinta convocatoria publicada o Premio Diario Cultural de Teatro Radiofónico, organizado dende os micrófonos do programa homónimo da Radio Galega.

Recensión de Xosé Manuel Eyré en A Nosa Terra sobre «V Premio Diario Cultural de Teatro Radiofónico»

Xosé Manuel Eyré publica en A Nosa Terra unha recensión sobre V Premio Diario Cultural de Teatro Radiofónico. Reproducímola integramente: Gran teatro para ler e escoitar Unha das razón de ser da literatura é a de amosar relacións, cun mesmo, cos demais, co mundo. Desde sempre a agora tamén. O que mudou/está a mudar é a forma de relacionarse o lector coas historias que le.

«V Premio Diario Cultural de Teatro Radiofónico», novidade do mes de maio

O V Premio Diario Cultural de Teatro Radiofónico é unha das novidades do mes de maio, editado por Xerais, a Radio Galega e o Centro Dramático Galego. O gañador deste ano foi Xosé Manuel Pacho Blanco, e os finalistas Eva Freixeira Ferreira, Rebeca Montero Martínez e Manuel Román.

Entrevista con Xosé Manuel Pacho Blanco, gañador do V Premio Diario Cultural de Teatro Radiofónico

O xornal Galicia Hoxe publica unha entrevista de Marga Tojo con Xosé Manuel Pacho Blanco, gañador do V Premio Diario Cultural de Teatro Radiofónico con Paraísos, que publicará Xerais a principios de maio. Reproducímola integramente: Xosé Manuel Pacho Blanco: «Na cultura galega hai moita autocensura» “Unha aposta a cabalo perdedor” é o Paraíso de Xosé Manuel Pacho Blanco.

Fallado o V Premio Diario Cultural de Teatro Radiofónico, que Xerais publicará en maio

As obras gañadoras do V Premio Diario Cultural de Teatro Radiofónico fállonse onte en Santiago de Compostela e, como en anos anteriores, serán editadas por Xerais e presentadas o día 3 de maio no Salón Teatro de Santiago de Compostela. O escritor Xosé Manuel Pacho Blanco gañou o V Premio Diario Cultural de Teatro Radiofónico nas súas dúas categorías, a do Xurado e a da Audiencia, coa obra titulada Paraísos.