Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: xosé_maría_dobarro

Xesús Alonso Montero: «Considérome un fistor porque creo que teño un certo oído de poeta popular»

O Diario Cultural da Radio Galega emitiu unha entrevista de Ana Romaní ao profesor Xesús Alonso Montero, sobre o libro Versos dun fistor republicano, marxista, ateo e un pouco epicúreo. A entrevista pode escoitarse nesta ligazón.

Versos necesarios: «Versos dun fistor republicano, marxista, ateo e un pouco epicúreo», de Xesús Alonso Montero. Artigo de Xosé María Dobarro

O Diario de Ferrol publicou un artigo de Xosé María Dobarro sobre o libro Versos dun fistor republicano, marxista, ateo e un pouco epicúreo, de  Xesús Alonso Montero. O artigo pode lerse ou descargarse nesta ligazón.

Magnífico agasallo: «Historia da Literatura Galega III. De 1916 a 1936», de Xosé Ramón Pena. Artigo de Xosé María Dobarro

O Diario de Ferrol publicou un artigo de Xosé María Dobarro sobre o libro Historia da Literatura Galega III. De 1916 a 1936, de Xosé Ramón Pena.     Magnífico agasallo De magnífico agasallo teño que cualificar o volume Historia da Literatura Galega III.  De 1916 a 1936 o que, hai un par de meses escaso, nos fixo Xosé Ramón Pena aos galegos e galegas interesados no coñecemento do feito literario da nosa nación.

Presentación en Ferrol de “Atravesar o fantasma” de Carlos Callón

O mércores, 18 de maio, ás 19:30 horas, no Centro Cultural Carvalho Calero, praza do Inferniño, en Ferrol, terá lugar a presentación do poemario Atravesar o fantasma de Carlos Callón. No acto, organizado pola A.C. Fuco Buxán, participarán Xurxo Souto, Xosé M. Dobarro e Carlos Callón que tamén debaterán sobre “Vivir en galego” Compromiso coa Lingua. Ao remate haberá unha participación musical de Roger de Flor.

Xerais na Feira do Libro de Ferrol 2013

XERAIS NA FEIRA DO LIBRO DE FERROL Día 20 SÁBADO 18:00 horas:  Antonio Seijas, autor de Cartas de inverno. Novela gráfica, asinará exemplares na Caseta da librería Espacio Lector Nobel. Día 22 LUNS 20:00 horas: Charla coloquio arredor do libro Castelao na Unión Soviética en 1938 de Xesús Alonso Montero. Participan: Xosé Mª Dobarro, Iolanda Díaz, Manuel Bragado e o autor.

Cabanillas revisado

Os catedráticos Xosé R. Pena e Xosé María Dobarro foron os responsables dun proxecto necesario que felizmente se levou a bo termo como é a compilación e ordenación do inxente material poético que Ramón Cabanillas foi ofrecendo ao longo da súa vida.

«Vento de Cabanillas», crítica sobre a edición da «Poesía galega completa» do poeta da raza

Que Ramón Cabanillas é un dos poetas de raza e de refencia da poesía e da literatura galega ninguén o pon en dúbida, así como que foi o herdeiro e continuador natural das tres senlleiras figuras das nosas letras: Rosalía, Curros e Pondal, pois conseguiu darlle continuidade ao Rexurdimento do XIX, que deixara un baleiro, sen imitalo e conectado coas correntes europeas da época.

«Poesía galega completa» de Ramón Cabanillas, presentación nas xornadas do Pen Club

Coincidindo coa celebración en Cambados das Xornadas literarias «Ramón Cabanillas, a modernidade na poesía galega», organizadas polo Pen Club Galicia, o sábado 28 de novembro, o editor Manuel Bragado presentou o volume Poesía galega completa de Ramón Cabanillas, preparado polos catedráticos Xosé María Dobarro e Xosé Ramón Pena.

Ramón Cabanillas, 50 aniversario: «Poesía galega completa»

Mañá, 9 de novembro, cúmprese o 50 cabodano do pasamento do poeta Ramón Cabanillas. Con este motivo, Xerais anuncia a próxima aparición, tras varios anos de traballo, da Poesía galega completa de Ramón Cabanillas, un volume de 1.032 páxinas preparado polos catedráticos  Xosé Ramón Pena e Xosé María Dobarro.

Xerais, próximas novidades literarias

Anunciamos o programa de novidades literarias preparado pola editorial até finais de 2009. XERAIS NARRATIVA Sete palabras, Suso de Toro, novela, edición en papel e e-book (aparición librarías primeira semana de novembro). Dime algo sucio, Diego Ameixeiras, novela, edición en papel e e-book (aparición librarías primeira semana de novembro).