Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: xosé_miguel_andrade_cernadas

«O Reino medieval de Galicia», de Xosé Miguel Andrade Cernadas e Anselmo López Carreira, recomendación de lectura da Libraría Couceiro

Os responsables da libraría Couceiro, dentro das súas recomendacións semanais en Correo Televisión, animaron á lectura do libro: O Reino medieval de Galicia, de Xosé Miguel Andrade Cernadas e Anselmo López Carreira, publicado por Xerais na colección Contamos a nosa historia. A recomendación pode verse nesta ligazón.

Anselmo López Carreira: «A intención do libro é explicar o esquecemento do Reino de Galicia». Entrevista no «Galicia por Diante» sobre: «O Reino medieval de Galicia»

O programa Galicia por Diante, da Radio Galega, emitiu unha entrevista aos historiadores Anselmo López Carreira e Xosé Miguel Andrade Cernadas sobre o libro: O Reino medieval de Galicia, publicado por Xerais na colección: Contamos a nosa historia. A súa intervención pode escoitarse nesta ligazón.

A historia roubada: «O Reino medieval de Galicia», de Xosé Miguel Andrade Cernadas e Anselmo López Carreira. Crítica no blog Ferradura en Tránsito

O crítico Xosé Manuel Eyré publicou no seu blog Ferradura en Tránsito unha recensión sobre o libro O Reino medieval de Galicia, de Xosé Miguel Andrade Cernadas e Anselmo López Carreira, publicado por Xerais na colección Contamos a nosa historia.

Novidade: «O Reino medieval de Galicia», de Xosé Miguel Andrade e Anselmo López Carreira. Un libro que da conta do agocho e a desmemoria do vello Reino medieval de Galicia

O Reino medieval de Galicia. Crónica dunha desmemoria, de Xosé Miguel Andrade Cernadas e Anselmo López Carreira, é unha novidade da colección Contamos a nosa historia de Xerais. Presentado como preocupación dalgúns historiadores galegos, ou como cuestion escura e marxinal propia de especialistas, o certo é que o vello Reino medieval de Galicia tivo unha entidade histórica real entre o século V e os comezos do século XIII.

O xornal «Nós Diario» publica unha reportaxe sobre as novidades das editoriais galegas para o outono, con mención a varios títulos de Xerais

O xornal Nós Diario publicou unha reportaxe sobre as novidades das editoriais galegas para o outono, con mención a varios títulos publicados por Xerais.   Setembro inaugura un outono editorial anómalo, mais ateigado de novidades As principais editoriais galegas xa deixan ver as súas achegas de cara a este outono marcado polo contexto extraordinario, con moita presenza do ensaio e das novidades para a cativada.