Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: xosé_ramón_freixeiro_mato

Xosé Ramón Freixeiro Mato: «O galego no século XXI perdeu máis falantes que en toda a historia anterior»

Radiofusión emitiu unha entrevista con Xosé Ramón Freixeiro Mato sobre Estilística da lingua galega, recentemente galardoada co Premio da Crítica no apartado de Investigación.       Freixeiro Mato: «O galego no século XXI perdeu máis falantes que en toda a historia anterior» “A sociedade galega ten que decidir e optar: ou mantemos o galego ou o perdemos”.

«Costa do Solpor», de Xosé María Lema, e «Estilística da lingua galega», de X. R. Freixeiro Mato, Premios da Crítica en Creación Literaria e Investigación

A novela Costa do Solpor, de Xosé Mª Lema, e o ensaio Estilística da Lingua Galega, de Xosé Ramón Freixeiro Mato, recibiron o sábado en Vigo os Premios da Crítica nos apartados de Creación Literaria e Investigación respectivamente. Manuel Bragado, director de Xerais, fala dos premios desde o seu blog. Reproducimos a información da Fundación Premios da Crítica Galicia sobre os dous libros premiados de Xerais.

Presentación en Arteixo de “Estilística da Lingua Galega” de Freixeiro Mato

O xoves, 30 de xaneiro, ás 20:00 horas, no Centro Cívico de Arteixo, terá lugar a presentación do libro Estilística da Lingua Galega de Xosé Ramón Freixeiro Mato. No acto, organizado pola Asociación Monte da Estrela e Xerais, participarán Xurxo Souto, Xosé Manuel Sánchez Rei, Aniceto Nunes e o autor.

Artigo de Goretti Sanmartín Rei sobre «Estilística da Lingua Galega» de Xosé Ramón Freixeiro Mato

Goretti Sanmartín Rei publicou un artigo de opinión en Sermos Galiza sobre o libro Estilística da Lingua Galega de Xosé Ramón Freixeiro Mato.   A vontade de procura de estilo, alicerce dunha lingua normalizada “Fáltanme anos e perspectiva para definir o meu estilo”, declarou Berta Dávila, a gañadora do último Premio Repsol de Narrativa Breve tras lle preguntaren pola súa obra.

Xosé Ramón Freixeiro Mato: «Coa ‘Estilística da lingua galega’ pretendo facer aflorar a potencialidade que ten o idioma»

Sermos Galiza publica unha entrevista de Carme Vidal con Xosé Ramón Freixeiro Mato con motivo da presentación da Estilística da lingua galega.

Presentación de “Estilística da Lingua Galega” de Xosé R. Freixeiro Mato en Santiago

O xoves, 19 de setembro, ás 20,15 horas, na libraría Pedreira, rúa do Home Santo, 55 de Santiago, terá lugar a presentación do libro Estilística da Lingua Galega de Xosé Ramón Freixeiro Mato. No acto intervirán Goretti Sanmartín Rei, Xosé Manuel Sánchez Rei, Manuel Bragado e o autor.

Imprescindible para os profesionais da lingua: «Estilística da lingua galega», de Xosé Ramón Freixeiro Mato. Crítica de Manuel Rodríguez Alonso

Manuel Rodríguez Alonso publicou no seu blog, Bouvard e Pécuchet, unha recensión crítica sobre Estilística da lingua galega, de Xosé Ramón Freixeiro Mato.

Unha ferramenta de estudo: «Estilística da lingua galega», de Xosé Ramón Freixeiro Mato. Crítica de Xosé Feixó

O Faro da Cultura, de Faro de Vigo, publicou unha recensión crítica de Xosé Feixó sobre Estilística da lingua galega, de Xosé Ramón Freixeiro Mato.   Precisa análise Unha sólida ferramenta Máis unha vez o profesor Freixeiro Mato agasállanos cun traballo que vén encher un dos tantos baleiros dos que adoece o noso idioma: Estilística da lingua galega.

Unha publicación de alto valor: «Estilística da lingua galega», de Xosé Ramón Freixeiro Mato. Artigo de Mercedes Queixas

Sermos Galiza publicou un artigo de Mercedes Queixas sobre Estilística da lingua galega, de Xosé Ramón Freixeiro Mato.     Estilística da lingua galega Estilística da lingua galega é o recente título editado que compendia, máis unha vez, o ímprobo esforzo de estudo e análise investigadora que o profesor da Facultade de Filoloxía da UDC, Xosé Ramón Freixeiro Mato, dedica á lingua galega.

Presentación na Coruña de “Estilística da Lingua Galega” de Xosé Ramón Freixeiro Mato

O venres, 10 de maio, ás 20,00 horas, na Asociación Cultural Alexandre Bóveda, rúa Olmos, 18-1º da Coruña, terá lugar a presentación do libro Estilística da Lingua Galega de Xosé Ramón Freixeiro Mato. No acto, organizado pola Asociación Cultural Alexandre Bóveda e Xerais, participarán Xosé Manuel Sánchez Rei, Mercedes Queixas, Manuel Bragado e Xosé Ramón Freixeiro Mato.

«Estilística da lingua galega», de Xosé Ramón Freixeiro Mato encabeza o ranking dos libros máis recomendados do mes de maio na Tabela dos libros

A Estilística da lingua galega, de Xosé Ramón Freixeiro Mato sitúase no primeiro posto dos libros máis recomendados no mes de maio na Tabela dos libros, que publica o blog Criticalia, de Armando Requeixo, un ranquing mensual na que cinco críticos escollen os que consideran os mellores libros publicados en galego.

Presentación de “Como falar e escribir en galego con corrección e fluidez” de Carlos Callón na Coruña

O mércores, 24 de abril, ás 20:00 horas, na libraría Suévia, rúa Vila de Negreira, 32 da Coruña, terá lugar a presentación do libro Como falar e escribir en galego con corrección e fluidez de Carlos Callón. No acto participarán Xosé R. Freixeiro Mato, Ermitas Valencia, Manuel Bragado e Carlos Callón.