Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: xosé_ramón_pena

Un novo volume da historia da literatura galega relata o período coñecido como a «longa noite», de 1936 a 1975. Entrevista a Xosé Ramón Pena no «Zig Zag Diario»

O programa ZigZag Diario da TVG emitiu unha entrevista con Xosé Ramón Pena, autor do libro:Historia da Literatura Galega IV. De 1936 a 1975. A “longa noite”. O libro está publicado por Xerais na colección Xerais Universitaria. A entrevista pode verse nesta ligazón, a partir do minuto 11:08″.

Vídeo da presentación de: «Un conto siciliano e outras historias», de Estro Montaña, na Libraría Librouro de Vigo

A libraría Librouro de Vigo acolleu o día 26 de marzo de 2019 a presentación do libro: Un conto siciliano e outras historias, de Estro Montaña.  No acto acompañaron ao autor os escritores Xosé Ramón Pena e Inma López Silva, así como o editor e director de Xerais, Fran Alonso. A presentación foi recollida no seguinte vídeo.

O bisturí analítico do profesor Xosé Ramón Pena enfróntase á «longa noite de pedra»: «Historia da Literatura Galega IV». Anotación no Sermos Galiza

O xornal Sermos Galiza publicou unha anotación sobre o libro: Historia da Literatura Galega IV. De 1936 a 1975. A “longa noite”, de Xosé Ramón Pena.   «Historia da Literatura Galega IV», de Xosé Ramón Pena O período que Celso Emilio Ferreiro bautizou como “longa noite de pedra” é o núcleo do cuarto volume da monumental Historia da Literatura Galega de Xosé Ramón Pena.

Xosé Ramón Pena: «A Guerra Civil tronzou unha andaina social e un progreso no que Galicia participaba» Entrevista no xornal La Opinión sobre: «Historia da Literatura Galega IV»

O xornal La Opinión de A Coruña publicou unha entrevista de Salvador Rodríguez a Xosé Ramón Pena sobre o libro: Historia da Literatura Galega IV. De 1936 a 1975. A “longa noite”. O libro está publicado por Xerais na colección Xerais Universitaria. O artigo pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

Presentación do libro: «Historia da Literatura Galega IV. De 1936 a 1975. A “Longa noite”» na RAG. Noticia nos medios de comunicación

Os xornais El Correo Gallego e 21 Noticias publicaron unha información sobre a presentación do libro: Historia da Literatura Galega IV. De 1936 a 1975. A “Longa noite”, de Xosé Ramón Pena, na RAG. O libro está publicado por Xerais na colección: Obras de Referencia – Xerais Universitaria. A continuación reproducimos a noticia publicada en El Correo Gallego. «Historia da Literatura Galega IV. De 1936 a 1975.

Quen queira saber da historia da literatura galega terá que botar man desta magna obra: «Historia da Literatura Galega IV. De 1936 a 1975. A “longa noite”». Anotación no Faro da Cultura

O suplemento Faro da Cultura, do Faro de Vigo, publicou un artigo de Xosé Feixó sobre o libro: Historia da Literatura Galega IV. De 1936 a 1975. A “longa noite”,  de Xosé Ramón Pena. O libro está publicado por Xerais na colección Xerais Universitaria. O artigo pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

«Historia da literatura galega IV», de Xosé Ramón Pena, entre os máis recomendados na Tabela dos Libros de abril

Historia da literatura galega IV. De 1936 a 1975. A “longa noite”, de Xosé Ramón Pena, é o segundo libro máis recomendado polos críticos na Tabela dos Libros do mes de abril.

Presentación en Vigo de “Historia da Literatura Galega IV. De 1936 a1975. A ‘longa noite’ “

O martes 9 de abril de 2019 ás 20:00 horas, no Auditorio Municipal do Areal, rúa Areal, esquina rúa Oporto, terá lugar a conferencia “As luces na ‘longa noite’. A literatura galega dende 1936 a 1975” de Xosé Ramón Pena, autor de “Historia da Literatura Galega“. No acto, organizado polo Club Faro de Vigo, participarán Xosé Ramón Pena e   X. L. Méndez Ferrín.

Presentación en Vigo de “Un conto siciliano e outras historias” de Estro Montaña

O martes  26 de marzo de 2019 ás 20:00 horas, na librería Librouro, Eduardo Iglesias, 12, Vigo, terá lugar a presentación do libro Un conto siciliano e outras historias de Estro Montaña. No acto, organizado en colaboración co Ateneo Atlántico, participarán Inma López Silva, Xosé Ramón Pena e Fran Alonso.

Novidade: «Historia da Literatura Galega IV. De 1936 a 1975. A “longa noite”», de Xosé Ramón Pena. Un percorrido a través dun tempo tan cheo de dificultades como fascinador

Historia da Literatura Galega IV. De 1936 a 1975. A “longa noite”,  de Xosé Ramón Pena, é unha novidade da colección Xerais Universitaria. Con este cuarto volume, Xosé Ramón Pena continúa o ambicioso relato da nosa historia literaria que iniciou hai máis de cinco anos e que conta cos seguintes títulos: «Historia da Literatura Galega, I. Das orixes a 1853» (Xerais 2013); «Historia da Literatura Galega II.

Presentación en Vigo de “O mar que nos leva” de Moncha Fuentes

O venres 21 de decembro de 2018, ás 20:00 horas, na libraría Andel, avenida Camelias, 102, Vigo, terá lugar a presentación do libro O mar que nos leva de Moncha Fuentes. No acto acompañarán á autora Rosa López, Xosé Ramón Pena e Fran Alonso.

Presentación en Vigo de “Común temos a patria” de E. X. Ínsua e Xurxo Martínez

O xoves 12 de abril de 2018, ás 20:00 horas, na libraría Andel, avenida Camelias, 102, Vigo, terá lugar a presentación do libro Común temos a patria. Biografía dos irmáns Villar Ponte de Emilio Xosé Ínsua e Xurxo Martínez González. No acto acompañarán aos autores Xosé Ramón Pena e Manuel Bragado.