Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: xosé_ricardo_losada

Presentación en Rianxo de “Rafael Dieste. O libre pensamento” de Luís Rei Núñez

O venres 11 de outubro de 2019, ás 20:30 horas, na Casa de Rafael Dieste en Rianxo, terá lugar a presentación do libro Rafael Dieste. O libre pensamento de Luís Rei Núñez. No acto, organizado pola Asociación Cultural Barbantia, Xerais e o Concello de Rianxo, intervirán Adolfo Muíños, alcalde de Rianxo; Xosé Ricardo Losada, profesor e escritor; Amparo Cereixo, profesora.

Presentación en Tui de “Faustino Rey Romero. Un evanxeo bufo” de X. Ricardo Losada

O venres, 16 de outubro, ás 20:30 horas, na sala Felix Rodríguez, a Área Panorámica de Tui, terá lugar a presentación do libro Faustino Rey Romero. Un evanxeo bufo de X. Ricardo Losada. O autor falará sobre o crego  poeta, antifranquista, membro da Real Academia Galega,  tudense de adopción e galego universal, D. Faustino Rey Romero (1921-1971).

Actos de Xerais na Feira do Libro de Rianxo

Do 23 ao 26 de xullo terá lugar a Feira do Libro de Rianxo na que Xerais organiza os actos: 23 de xullo Ás 20:30 horas, presentación de Un animal chamado néboa de Ledicia Costas Ás 21:oo horas, presentación de Historia da Literatura Infantil e Xuvenil Galega, coord.

Xerais na Feira do Libro de Ribeira (do 16 ao 19 de xullo)

Do 16 ao 19 de xullo terá lugar a Feira do Libro de Ribeira na que Xerais ten organizados os seguintes actos: Día 17 de xullo, venres 20:30 h.: Presentación de Faustino Rey Romero. Un evanxeo bufo de X. Ricardo Losada con Manuel Cartea e Manuel Bragado. Día 19 de xullo,  domingo 13:30 h.: Presentación de Rubicundo de María Canosa 21:00 h.:  Presentación de Galicia Encantada.

Presentación de «Sete palabras» en Rianxo

A edición impresa de La Voz de Galicia do Barbanza publica unha extensa crónica do que foi a presentación en Rianxo da novela de Suso de Toro, Sete palabras. O acto, organizado pola asociación cultural Barbantia reuniu a un cento de persoas e o concello de Rianxo, coincidiu coa celebración do 124 aniversario do nacemento de Castelao.

«Sete palabras» de Suso de Toro, presentación en Rianxo

O libro de Suso de Toro Sete palabras será presentado este venres 29 de xaneiro ás 20:30 no auditorio de Rianxo. No acto estarán presentes o autor; o secretario de Barbantia, Xosé Ricardo Losada; o académico, investigador e Premio Barbantia da Cultura Galega 2009, Xosé Luís Axeitos; o director de Xerais, Manuel Bragado; e mais o alcalde de Rianxo, Pedro Piñeiro.

«O recendo das mimosas», presentación en Noia

O vindeiro venres, 16 de outubro, ás 20:30 horas presentarase na Casa da Cultura Antón Avilés de Taramancos de Noia O recendo das mimosas, o primeiro libro de relatos de Agustín Agra. No acto o autor estará acompañado de Xosé Ricardo Losada e Manuel Bragado. O acto esta coorganizado pola Asociación Cultural Barbantia e Xerais.