Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: xosé_tomás

Para exercitar a mente no verán: «Aplicación instantánea», de Carlos Negro e «Animalia 2. Branco», de Xosé Tomás. Reportaxe en «La Voz de la Escuela»

O suplemento La Voz de la Escuela, do xornal La Voz de Galicia, publicou unha reportaxe de Juan José Lage e Olalla Sánchez sobre algunhas suxestións de lectura para o verán, na que se da conta de dous libros publicados por Xerais: Animalia 2. Branco, de Xosé Tomás; e Aplicación instantánea, de Carlos Negro. A reportaxe pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

Un monllo de historias que convidan á reflexión e á aprendizaxe: «Animalia 2. Branco», de Xosé Tomás. Crítica de Ramón Nicolás

O escritor e crítico literario Ramón Nicolás publicou no seu blog Caderno da Crítica unha anotación sobre o libro: Animalia 2. Branco, de Xosé Tomás. O libro está publicado por Xerais na colección Merlín.   Animalia 2. Branco, de Xosé Tomás Supérase, se isto é posible, Xosé Tomás nesta nova entrega que os seus devotos agardabamos desde aquel Animalia 1. Verde que publicara o ano pasado.

Unha serie comiqueira con historias diferentes que nos fan sorrir: «Animalia 2. Branco», de Xosé Tomás. Crítica en Trafegando Ronseis

O blog Trafegando Ronseis  publicou unha anotación sobre o libro: Animalia 2. Branco, de Xosé Tomás. O libro está publicado por Xerais na colección Merlín. Animalia 2. Branco, de Xosé Tomás Segue a me encantar esta serie comiqueira que escribe Xosé Tomás e que publica Xerais: Animalia 2.

Novidade: «Animalia 2. Branco», de Xosé Tomás. Unha reflexión sobre a humanidade como especie e como civilización

Animalia 2. Branco, de Xosé Tomás, é unha novidade da colección Merlín Cómics de Xerais. «Animalia» é un proxecto de banda deseñada protagonizado por animais de diversos hábitats. Historias autoconclusivas dunha páxina reunidas en tres entregas: a primeira, «Animalia 1. Verde», localizada na selva; a segunda, «Animalia 2. Branco», no mundo do mar e da auga; e a terceira, protagonizada polos animais domésticos.

Unha reflexión a través do humor sobre a nosa forma de ver os animais e de relacionarnos con eles: «Animalia 1. Verde.», de Xosé Tomás. Crítica en «El Correo Gallego»

O xornal El Correo Gallego publicou unha crítica de Kenya Pineda sobre Animalia 1. Verde, de Xosé Tomás. A crítica pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

Unha conxunción desde o humor entre o mundo da ilustración e unha singular proposta narrativa: «Animalia 1. Verde», de Xosé Tomás, no espazo «Cada día un libro» da TVG

O programa Cada día un libro da TVG dedicoulle o seu espazo ao cómic Animalia 1. Verde, de Xosé Tomás. O programa pode verse nesta ligazón.

Unha aventura trepidante protagonizada por animais, chea de música e humor, que afonda nos valores da amizade, a solidariedade e o respecto: «Choiva de ras», de Ánxela Loureiro

Os xornais El Ideal Gallego, Diario de Ferrol, Diario de Arousa e Diario de Bergantiños publicaron unha información sobre Choiva de ras, de Ánxela Loureiro, ilustrado por Xosé Tomás. A información pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

Brillantes reflexións sobre as actitudes humanas a través do filtro do humor e do espello dos animais: «Animalia 1. Verde», de Xosé Tomás. Crítica de Ramón Nicolás

O crítico e escritor Ramón Nicolás publicou no blog Caderno da Crítica unha recensión do cómic infantil-xuvenil Animalia 1. Verde, de Xosé Tomás.   Animalia 1.

«Os animais teñen moitas cousas en común cos humanos.» A libraría Couceiro recomenda a lectura de «Animalia I. Verde», de Xosé Tomás

Os responsables da libraría Couceiro, dentro das súas recomendacións semanais en CorreoTV, animan á lectura do cómic infantil-xuvenil Animalia I. Verde, de Xosé Tomás. A recomendación pode verse nesta ligazón.

«Unha novela de aventuras cunha valente protagonista feminina.» O blog Rede Lectura recomenda a obra infantil «Choiva de ras», de Ánxela Loureiro

Rede lectura, o blog da Asesoría de Bibliotecas Escolares recomenda a obra infantil Choiva de ras, de Ánxela Loureiro, ilustrada por Xosé Tomás.

O Faro da Escola de «Faro de Vigo» recensiona as obras infantís e xuvenís «Animalia I. Verde» de Xosé Tomás, «O que sei do silencio» de Andrea Maceiras e «O lobo con botas» de El Hematocrítico

O suplemento A Escola do Faro, do Faro de Vigo, recolle senllas recensións de tres das últimas novidades de Xerais para o público infantil e xuvenil: o cómic Animalia I. Verde de Xosé Tomás, a novela xuvenil O que sei do silencio de Andrea Maceiras e a obra infantil O lobo con botas de El Hematocrítico. A información pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

Cada páxina desta xenial proposta garda un motivo para aprender, para rir e para sorprenderse: «Animalia 1. Verde», de Xosé Tomás. Crítica en Trafegando Ronseis

O blog Trafegando Ronseis publicou unha anotación sobre a obra infantil Animalia 1. Verde, de Xosé Tomás. Animalia 1. Verde Xenial proposta a que realiza Xosé Tomás neste cómic para o lectorado máis novo: Animalia 1. Verde publicado por Xerais.