Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: xurxo_lobato

«No país das vacas», de Xurxo Lobato, en Pontevedra

Xurxo Lobato inaugurou onte en Pontevedra a exposición No país das vacas, baseada nas fotografías do libro homónimo publicado por Xerais. Publica a información o Diario de Pontevedra.

Xurxo Lobato pregoeiro do “Día da Vaca” de Xanceda

A Asociación Mesía Unida anuncia a celebración o 29 de xullo do segundo Día da Vaca, no que actuará como pregoeiro Xurxo Lobato, autor de No país das vacas.

Perfil de Paco Martín sobre Agustín Fernández Paz para a sección «Gallegos en la escalera»

Perfil de Paco Martín sobre Agustín Fernández Paz para a sección «Gallegos en la escalera»

O escritor Paco Martín escribiu un perfil de Agustín Fernández Paz para a sección «Gallegos en La Escalera», do fotógrafo Xurxo Lobato, en El País.

«No país das vacas», de Xurxo Lobato: as vacas galegas no século XXI

«No país das vacas», de Xurxo Lobato: as vacas galegas no século XXI

El País publica unha información de José Luis Estévez sobre O país das vacas, de Xurxo Lobato, baseada no libro do mesmo título que publicou Xerais.   Xurxo Lobato retrata la vida de las vacas en el siglo XXI El Museo do Pobo acoge una muestra didáctica sobre el animal más gallego La vaca, ese símbolo no oficial de Galicia, es el objeto de una exposición didáctica que se abrió ayer en el Museo do Pobo Galego.

Xurxo Lobato rende tributo visual á vaca cunha exposición no Museo do Pobo Galego

Xurxo Lobato rende tributo visual á vaca cunha exposición no Museo do Pobo Galego

A exposición O país das vacas, de Xurxo Lobato, baseada no libro do mesmo título, quere pór en valor o seu papel como referente de desenvolvemento no mundo rural. A mostra pode visitarse en Santiago ata o 1 de abril e percorrerá logo outras capitais galegas Santiago, 13 de febreiro de 2012.

O escritor e comisario Luís García Mañá, retratado na serie «Galegos na escaleira»

O escritor e comisario Luís García Mañá, autor de  novelas como O lume de Santo Antón (Xerais, 1997), Menino morreu (Xerais, 2003), Couto Mixto: unha república esquecida (Xerais, 2005) e o O grito de Ipiranga (Xerais, 2010) aparece retratado polo rector da Universidade de Vigo, Salustiano Mato, na serie fotográfica de Xurxo Lobato «Galegos na escaleira», no diario El País.

Teresa Moure na escaleira

A pasada fin de semana, a edición galega de El País publicou un perfíl de Teresa Moure feito por Consuelo Bautista con fotografía de Xurxo Lobato, que continúa a súa serie de retratos «Gallegos en la escalera». Pode lerse aquí.

Xurxo Lobato, entrevistado por «A Peneira»

Con motivo da presentaicón de libro No país das vacas en Ponteareas, Xurxo Lobato foi entrevistado polo xornal A Peneira. Recollemos algunhas das respostas de Lobato: «[A vaca] É unha das identidades do país. A vaca é unha das iconas que serven para identificarnos. Ademais é un dos totem que temos. De feito o libro pretende dignificar o noso totem. Dar a coñecer tamén o que son hoxe, que fan e como viven as vacas.

«No país das vacas» de Xurxo Lobato, presentación hoxe en Ponteareas

Organizado pola Asociación Cultural A Casa da Triga e Xerais, hoxe, venres 14 de maio, ás 20:30 horas no Salón de Actos do Centro Artístico e Sportivo de Ponteareas (Rúa Vidales Tomé, 2) presentarase No país das vacas, o libro máis recente de Xurxo Lobato. No acto, no que se proxectarán algunhas fotografías do libro, acompañará ao autor o editor Manuel Bragado.

Negreira e a palabra «vaca»

Agradecemos ao concello de Negreira que publicase na súa web unha anotación arredor de «Negreira e a palabra vaca», glosando así o contido do libro de Xurxo Lobato No país das vacas. A anotación comeza así: «Nova moi interesante e curiosa: o noso trobador medieval Afonso Eanes do Cotón foi o primeiro autor que deixou rexistrada na escrita literaria a palabra «vaca» na historia do noso idioma galego.

«Os Eidos. Libro do Courel», edición en Xerais Clásicos no Ano Novoneyra

Cando Uxío Novoneyra publicou Os Eidos, en 1955, a súa voz converteuse de inmediato nunha das máis intensas, renovadoras e salientables da poesía galega. En Os Eidos agroma unha poesía limpa, concisa e breve, que asenta nunha profunda identificación entre o poeta e a natureza, e que nos vai mostrando, desde un certo ensoñamento de quen escribe, un intimismo radical ligado á terra e aos sentimentos de pertenza a esta.

No país das vacas, por Miguel Anxo Fernán Vello

No país das vacas é o título do último libro de Xurxo Lobato, publicado por Edicións Xerais de Galicia. E xa o título, digámolo de entrada, xunto co seguimento da obra do autor, alimenta o noso interese.