Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: xurxo_souto

Un libro para reivindicar as mulleres do mar e o seu xénero sonoro: «A gran travesía de Chiruca Macallás», de Xurxo Souto. Anotación no xornal «Galicia Confidencial»

O xornal Galicia Confidencial publicou unha anotación asinada por Uxía Iglesias sobre o libro: A gran travesía de Chiruca Macallás, de Xurxo Souto, publicado por Xerais na colección: Narrativa.   Traendo á memoria os cantos das conserveiras contra os abusos dos seus patróns As mulleres das fábricas de conserva facían canción protesta, nin máis nin menos.

Programación de Xerais para os últimos días da Feira do Libro da Coruña

Día 9 de agosto, venres 19:45 horas: Presentación de Lúa en Ningures de Beatriz Maceda. Participan Eli Ríos, Antonio Manuel Fraga e a autora. Ao remate sinatura de exemplares.   Día 10 de agosto, sábado 13:00 horas: Presentación, en Viñetas desde o Atlántico, da convocatoria do I Premio O Garaxe Hermético de Banda Deseñada, que publica Xerais.

Programa de Xerais na Feira do Libro da Coruña 2019

Do 1 ao 11 de agosto terá lugar a Feira do Libro da Coruña na que Xerais ten organizados os seguintes actos: Día 1 de agosto, xoves 19:00 horas: Presentación de Quokka Moka de María Solar con ilustracións de Víctor Rivas. Participan Víctor Rivas e María Solar. Ao remate sinatura ilustrada. 19:45 horas:  Conversa entre Érica Esmorís, Quen salva un can e Andrea Maceiras, Conta nove estrelas, Premio Lazarillo 2018.

Actos de Xerais na Feira do Libro de Vigo 2019

Do 27 de xuño ao 6 de xullo, terá lugar, na rúa do Príncipe e na praza da Farola, a Feira do Libro de Vigo 2019 para a que Xerais preparou este completo programa:

Xurxo Souto: «Esta novela é diferente porque fala do mar, pero as protagonistas son todas mulleres». Entrevista no «Faro de Vigo» sobre: «A gran travesía de Chiruca Macallás»

O xornal Faro de Vigo publicou unha entrevista de Susana Regueira a Xurxo Souto sobre a novela: A gran travesía de Chiruca Macallás. O libro está publicado por Xerais na colección Narrativa. O artigo pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

Presentación en Pontevedra de “A gran travesía de Chiruca Macallás” de Xurxo Souto

O mércores 8 de maio de 2019, ás 20:00 horas,  na libraría Paz, Peregrina 29, Pontevedra, terá lugar a presentación do libro A gran travesía de Chiruca Macallás de Xurxo Souto. No acto participarán Salvador Rodríguez, Lola Ribeira e Xurxo Souto.

Presentación na Coruña de “As bolboretas do Mekong” de Cesáreo Sánchez Iglesias

O xoves 17 de xaneiro de 2019 ás 19:30 horas, na librería Moito Conto, rúa San Andrés, 35, A Coruña, terá lugar a presentación do libro As bolboretas do Mekong de Cesáreo Sánchez Iglesias. No acto acompañarán ao autor María Obelleiro e Xurxo Souto.

Unha sorte de experiencia que nos afasta da Terra para tentar procurar quen somos. «A gran travesía de Chiruca Macallás», de Xurxo Souto. Anotación no Faro da Cultura

O suplemento Faro da Cultura, do Faro de Vigo, publicou unha anotación de Montse Pena Presas sobre o libro: A gran travesía de Chiruca Macallás, de Xurxo Souto. O libro está publicado por Xerais na colección Narrativa. O artigo pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

Presentación en Betanzos de “A gran travesía de Chiruca Macallás” de Xurxo Souto

O mércores 19 de decembro de 2018 ás 20,00 horas, na libraría Biblos, rúa Santiago, 4, Betanzos, terá lugar a presentación do libro A gran travesía de Chiruca Macallás de Xurxo Souto.

Presentación en Ourense de “A gran travesía de Chiruca Macallás” de Xurxo Souto

O martes 4 de decembro de 2018 ás 20,00 horas no local do Andén Primeiro, avda de Marín, s/nº, A Ponte, Ourense, terá lugar a presentación do libro A gran travesía de Chiruca Macallás de Xurxo Souto. No acto, organizado pola Asociación Vía Vela e Andén I,  participarán Ana Gloria Rodríguez Alonso e Pepe de Entrimo. Os organizadores prometen sorpresa.

Moito mar, moita música, moita tralla e moita arroutada. «A gran travesía de Chiruca Macallás», de Xurxo Souto. Crítica de Armando Requeixo no Diario Cultural

O crítico Armando Requeixo interviu no programa Diario Cultural da Radio Galega para facer unha crítica do libro: A gran travesía de Chiruca Macallás, de Xurxo Souto. O libro está editado por Xerais na colección: Narrativa. A súa intervención pode escoitarse nesta ligazón, a partir do minuto 6´.

Presentación en Bueu de “A gran travesía de Chiruca Macallás” de Xurxo Souto

O xoves 29 de novembro de 2018 ás 20:30 horas, no Centro Social do Mar, rúa de Montero Ríos, 3 Bueu, terá lugar a presentación do libro A gran travesía de Chiruca Macallás de Xurxo Souto. No acto organizado polo Concello de Bueu e a librería Miranda, participarán Salvador Rodríguez e Xurxo Souto.