Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: xuvia_neda

Vicente Araguas: «Joyce sen Dublín sería outra cousa. Eu, sen Xuvia-Neda, tamén»

Noticieirogalego.com publicou unha entrevista que lle fixo Carlos Loureiro Rodríguez a Vicente Araguas.   Vicente Araguas: «Sentíame máis autoexiliado aquí, naquela ditadura noxenta» Vicente Araguas (Xuvia-Neda-Ferrol, 1950) foi un dos fundadores do grupo musical “Voces Ceibes” no ano 1968. No 1972 irase a Escocia dende onde volverá no 1974 para se radicar definitivamente en Madrid.

Artigo de opinión de Alfredo Conde sobre «Xuvia-Neda», de Vicente Araguas

O escritor Alfredo Conde dedicoulle a súa columna de onte en El Correo Gallego ao libro Xuvia-Neda, de Vicente Araguas. Reproducímolo integramente: Xuvia-Neda ÁS VECES fálolles de libros. Hoxe tamén. O que dixemos onte verbo das comidas, dos sabores que as definen, dos arrecendos que liberan e de cómo, todo elo conxuntado, fai de nós a xentiña que somos, sen remedio, todo elo, é aplicable ós nosos libros.

«Xuvia-Neda» de Vicente Araguas, crítica de Ramón Nicolás en «Culturas»

CORO DE VOCES AFINADAS VICENTE ARAGUAS RETORNA Á NARRATIVA DESDE O TERRITORIO DA MEMORIA, OFRECENDO UN MONLLO DE RELATOS QUE RECREAN PERSONAXES E VIVENCIAS AGROMADAS NAS TERRAS FERROLÁS DE XUVIA E NEDA Na traxectoria literaria de Vicente Araguas Xuvia-Neda vén testemuñar, outra vez, o tributo inequívoco que o autor rende ás súas raíces, iso que se dá en chamar terra natal e que, no seu caso, case cumpriría nomear como “terra