Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: yolanda_castaño

Un percorrido estupendo pola banda deseñada contemporánea galega: «O puño e a letra», de Yolanda Castaño. Anotación no Diario Cultural

O programa Diario Cultural da Radio Galega emitiu unha reportaxe sobre o libro: O puño e a letra, de Yolanda Castaño, publicado por Xerais na colección Grandes Obras – Edicións Singulares. A peza pode escoitarse nesta ligazón.

A IV Gala do Libro Galego premia dous títulos de Xerais: «Común temos a patria. Biografía dos irmáns Villar Ponte» e «O puño e a letra».

O Teatro Principal de Santiago de Compostela acolleu o sábado, día 11 de maio de 2019, unha nova edición dos Premios Gala do Libro Galego, acto no que se deron a coñecer as obras gañadoras desta cuarta edición da iniciativa. Os Premios Gala do Libro Galego 2019 recoñeceron dous libros de Xerais. Na categoría Ensaio e investigación, premiouse o libro: Común temos a patria.

Unha obra que se ergue como reivindicación artística do poderoso sector creativo galego: «O puño e a letra», de Yolanda Castaño. Crítica na revista Tempos Novos

A revista Tempos Novos publicou unha recensión crítica de Manu Barreiro sobre o libro: O puño e a letra. Antoloxía en cómic poético, de Yolanda Castaño. O libro está publicado por Xerais na colección Edicións Singulares. A recensión crítica pode lerse ou descargarse en formato pdf nesta ligazón.

Un volume valioso que se abre a novas lecturas: «O puño e a letra», de Yolanda Castaño. Crítica na revista Tempos Novos

A revista Tempos Novos publicou unha recensión crítica de María Xesús Nogueira sobre o libro: O puño e a letra. Antoloxía en cómic poético, de Yolanda Castaño. O libro está publicado por Xerais na colección Edicións Singulares. A recensión crítica pode lerse ou descargarse en formato pdf nesta ligazón.

Ledicia Costas, Manuel Rivas, Héctor Cajaraville e Yolanda Castaño entre os autores galegos que máis venden. Noticia no suplemento Fugas

O suplemento Fugas de La Voz de Galicia publicou unha información na que dan conta dos resultados dunha consulta cun abano de libreiros e editores sobre os títulos máis vendidos. Entre os favoritos que encabezan este listado atópanse algúns autores de Xerais, como son: Ledicia Costas, Manuel Rivas, Héctor Cajaraville, e  Yolanda Castaño, todos eles con libros publicados recentemente.

Miguel Robledo: «Este libro permite ver como cada autor versiona o texto con moita variedade de recursos» Entrevista no xornal La Región sobre: «O puño e a letra», de Yolanda Castaño

O xornal La Región publicou unha entrevista co ilustrador Miguel Robledo sobre o libro: O puño e a letra. Antoloxía en cómic poético, de Yolanda Castaño. Miguel Robledo é un dos corenta ilustradores galegos que participan na obra. A entrevista pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

Os Premios Fervenzas Literarias recoñecen a Xerais como a mellor editorial do 2018 e premian varias das súas obras e autoras

    A web Fervenzas Literarias acaba de facer públicos os seus premios anuais, elixidos polos lectores/as do portal a través de votación web. Esta é unha interesante iniciativa que se abre á participación e á opinión dos lectores e lectoras, aos que agradecemos o recoñecemento de Xerais como a mellor editorial do ano 2018, así como os resultados obtidos polos libros publicados pola nosa editorial.

Un libro para achegarse á poesía a través dun camiño tan amable como é o da banda deseñada: «O puño e a letra», de Yolanda Castaño. Anotación no Faro de Vigo

O sábado, día 15 de decembro de 2018, presentouse na Librería Banda Deseñada de Vigo o libro: O puño e a letra. Antoloxía en cómic poético, de Yolanda Castaño. No acto participaron Yolanda Castaño e os ilustradores Kiko da Silva, Norberto Fernández, Fran Jaraba, Miguel Porto, Tokio e María Vilar. A presentación foi recollida polo xornal Faro de Vigo, nunha información asinada por A. Mariño.

Cambiemos as panxoliñas por poemas: «O puño e a letra», de Yolanda Castaño. Anotación no Faro da Cultura

O suplemento Faro da Cultura do xornal Faro de Vigo publicou unha anotación de Raquel López sobre o libro: O puño e a letra. Antoloxía en cómic poético, de Yolanda Castaño. O libro está publicado por Xerais na colección Grandes Obras – Edicións Singulares. A recensión crítica pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

Unha irrenunciable aposta pola transgresión artística: «O puño e a letra», de Yolanda Castaño. Crítica de Armando Requeixo

O crítico Armando Requeixo publicou nos xornais El Ideal Gallego, Diario de Ferrol, Diario de Arousa e Diario de Bergantiños unha recensión crítica sobre o libro: O puño e a letra. Antoloxía en cómic poético, de Yolanda Castaño. O libro está editado por Xerais na colección: Grandes Obras – Edicións Singulares. A recensión pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

Presentación en Pontevedra de “O puño e a letra” de Yolanda Castaño

O mércores 19 de decembro de 2018 ás 19:30 horas, na libraría Paz, rúa Peregrina, 29, Pontevedra, terá lugar a presentación do libro O puño e a letra de Yolanda Castaño. No acto a autora estará acompañada dos ilustradores Fernando Iglesias (Kohell), Kiko Da Silva e Víctor Rivas.

Presentación en Vigo de “O puño e a letra” de Yolanda Castaño

O sábado 15 de decembro de 2018 ás 12:00 horas, na Librería Banda Deseñada, rúa Portela, 3, Vigo, terá lugar a presentación do libro O puño e a letra. Antoloxía en cómic poético de Yolanda Castaño. No acto participarán Yolanda Castaño e os ilustradores Kiko da Silva, Norberto Fernández, Fran Jaraba, Miguel Porto, Tokio e María Vilar.