Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: zigzag_diario

Os Premios Xerais 2019, nos medios e na Rede

  O sábado, día 19 de outubro, no Museo do Mar de Galicia en Vigo, tivo lugar a festa de entrega dos Premios Xerais 2019. Á cita asistiron un numeroso número de persoas, entre as que se atopaban representantes das asociacións profesionais do sector do libro, escritoras, libreiras, bibliotecarias, profesoras e editoras. O acto estivo conducido pola xornalista Valeria Pereiras.

Un libro completamente actual sobre a maternidade nos tempos de hoxe. «Maternidade fóra de catálogo», de Marga Tojo. Comentario de Estíbaliz Espinosa no «ZigZag Diario»

O programa ZigZag Diario da TVG emitiu unha colaboración literaria de Estíbaliz Espinosa para falar sobre o libro Maternidade fóra de catálogo, do que é autora Marga Tojo. A reportaxe pode verse nesta ligazón, a partir do minuto 16:31″.

Pedro Feijoo: «Esta novela é unha historia de amor, pero non porque fale de amor ten que ser unha historia bonita ou amable.» Reportaxe en «ZigZag Diario» sobre «Sen piedade»

O programa ZigZag Diario da TVG emitiu unha reportaxe sobre a novela Sen piedade, de Pedro Feijoo. A reportaxe pode verse nesta ligazón.

Xosé Benito Reza: «Esta obra é a miña homenaxe ás persoas que viviron a posguerra, porque nos axudaron aos que chegamos despois a enfrontar o novo mundo que viña.» Reportaxe en «ZigZag Diario» sobre «Terradentro»

O programa ZigZag Diario da TVG emitiu unha reportaxe sobre a novela Terradentro, de Xosé Benito Reza, Premio Losada Diéguez de Creación Literaria 2018. A reportaxe pode verse nesta ligazón.

Edición especial dos espazos «Diario Cultural» e «Galicia por Diante» da Radio Galega, e do programa «ZigZag Diario» da TVG, con motivo do pasamento do escritor Xabier P. DoCampo

O programa Diario Cultural da Radio Galega, emitiu unha un programa especial con motivo do pasamento do escitor Xabier P. DoCampo. O espazo pode escoitarse nesta ligazón. Tamén o programa Galicia por Diante, no que Xabier P. DoCampo foi colaborador como conselleiro literario, lembrou a súa figura. O espazo pode escoitarse nesta ligazón. Do mesmo xeito, o programa ZigZag Diario realizou unha reportaxe de homenaxe ao escritor finado.

Héctor Cajaraville: «Frei Rosendo Salvado foi o primeiro valedor dos aborixes australianos.» Reportaxe en «ZigZag Diario» sobre «Nova Nursia»

O programa ZigZag Diario da TVG emitiu unha reportaxe sobre a novela Nova Nursia, de Héctor Cajaraville. A reportaxe pode verse nesta ligazón.

El Hematocrítico: «Gustounos a idea de que os personaxes dos contos tradicionais interactuasen entre eles, e repetimos.» Reportaxe no espazo da TVG «ZigZag Diario»

O programa ZigZag Diario da TVG emitiu unha reportaxe sobre a obra infantil O lobo con botas, de El Hematocrítico, traducido por Anaír Rodríguez e con ilustracións de Alberto Vázquez. A reportaxe pode verse nesta ligazón.

Antón Lopo: «O corpo ten que ser un elemento incentivador, transformador.» Entrevista no programa «ZigZag Diario» sobre o libro de poemas «Corpo»

No programa Zig-Zag da TVG entrevistaron o escritor Antón Lopo con motivo da publicación do libro de poemas Corpo, premio Manuel Lueiro Rey de Poesía en 2017. A entrevista pode verse nesta ligazón.