Menu Xerais

Textos argumentativos. «E logo, temos razóns para ser nacionalistas?», de Henrique del Bosque Zapata. Anotación de Xosé Manuel Eyré

O crítico Xosé Manuel Eyré publicou no seu blog Ferradura en tránsito unha nova anotación sobre E logo, temos razóns para ser nacionalistas?, de Henrique del Bosque Zapata.

 

Para abrir mentes

Veñen coincidir nestes días dous títulos que non atopo horas suficientes no reloxio para ler senparar. Tratan tematicas contiguas, un está editado en Galaxia e o outro en Xerais. E logo, temos razóns para ser nacionalistas e Para que nos serve Galiza, e Henrique del Bosque Zapata e Xaime Subiela. O de Henrique del Bosque xa o levo ben encetado. Non comecei por el por ningunha prioridade, era o que máis a man tiña cando me puxen a ler. Só por iso. Porque tanto un coma o outro serven para reflexionar sobre o conceto de nacionalista, sobre o  mundo do nacionalismo.

Ser nacionalista non é sinxelo. Resulta moito máis doado ser do PP ou do PSOE, son partidos grandes, cunha ideoloxía moi difusa, un anótase a cabalo gañador cando toque e non tes que aturar as descualificacións e prexuízos da prensa 2 do réxime». Mais ser nacionalista supón aceptar un compromiso

coa Historia, cunha voz que vén querendo ser silenciada desde a mesma Reconquista e hoxe, se cadra, máis ca nunca;

cunha cultura, ilustre e rica, que tamén quixo ser silenciada ao longo da Hsitoria e hoxe continúa a selo inclusive pola propia Xunta que debería coidar dela;

cunha lingua, igual que a cultura e o propio devir histórico, moi molesta en Madrid;

cunha forma de ser, galician style of life, un rexistro peculiar da cualidade humana, un xeito de ser propio e diferenciado;

cunha tradición reivindicativa histórica, da que somos herdeiros, partícipes e transmisores.

Hai máis, a caracterización pode ser máis fonda. Mais convéndeterse aquí, para os nosos propósitos abonda e non queremos que  concepto de transmisión fique sen salientar.

A primeira pregunta que a un se lle ocorre é para qué serven libros como estes, ademais de para alicerzar máis as propias crenzas, reafirmarnos. Por quen é nacionalista non precisa xe de argumentos que confirmen o seu nacionalismo. E quen non é nacionalista non se lle vai pasar pola cabeza lelo, é, tristemente, o máis probábel.

Mais tanto un como o outro son textos argumentativos teóricos que a a partir de agora están aí, á disposición de quen sinta inclinación a lelos, como posibilidades de transmisión. E iso resulta moi útil e acaído. Durante a prsentación en Chantada do libro de Xaime Subiela, houbo quen pensou que estaba a propoñer un proselitismo clonador, unha transmisión do ideal nacionalista a xeito de clon. E nada máis lonxe da realidade. O que eu defendía era a nececesidade de aproximación do nacionalismo, dos nacionalistas aos non nacionalistas, a sociedade en xeral, se se quer, unha aproximación desde o eido do afectivo.  Para que, unha vez feita esa aproximación, esa xente, cando ela queira, poida afortalar a súa aproximación ao nacionalismo autonvencidamente, libros como estes son absolutamente imprescindíbeis.

Xosé Manuel Eyré

Comentarios pechados