Menu Xerais

«Todo é silencio», de Manuel Rivas, finalista do Premio de Novela Europea Casino de Santiago

A última novela de Manuel Rivas, Todo é silencio, foi elixida onte entre as cinco novelas finalistas do Premio de Novela Europea Casino de Santiago. Xunto coa obra de Manuel  Rivas,  as outras novelas seleccionadas foron foron da irlandesa Emma Donoghue, do holandés Herman Koch, do asturiano Menéndez Salmón e do italiano Gianrico Carofiglio. Todas elas foron publicadas durante o ano 2010.

A esta magnífica noticia para a novela de Rivas, cando entra na súa 2ª edición logo de vender 12.000 exemplares, súmase o recente anuncio de que a obra será publicada en francés pola editorial Gallimard e en inglés por Harvill Secker, selo de Random House.

Comentarios pechados