Menu Xerais

“Todo é silencio” de Manuel Rivas será publicada en inglés e francés

Todo é silencio, a máis recente novela de Manuel Rivas,  será publicada en francés pola editorial Gallimard e en inglés por Harvill Secker, selo de Random House. Nesta mesma editorial publicouse, no pasado mes de febreiro, a edición de peto d´ Os libros arden mal ( Books Burn Badly) na Colección Vintage, logo da gran acollida da edición en tapa dura aparecida hai un ano. Manuel Rivas participará no prestixioso Festival Internacional de Edimburgo o primeiro de agosto.

Manuel Rivas asinará exemplares de Todo é silencio na Casa do Libro de Vigo (rúa Velázquez Moreno) o xoves 3 de marzo, a partir das 18:00 horas. Nestes días sae á venda a segunda edición da novela, aparecida no pasado mes de outubro cunha tirada de 12.000 exemplares.

Comentarios pechados