Menu Xerais

«Todo é silencio», segunda edición

Agotados os 12.000 exemplares da primeira edición, comeza a chegar ás librarías exemplares da segunda edición de Todo é silencio de Manuel Rivas. Até agora, Todo é silencio foi recoñecida cos Premio de Fervenzas Literarias ao mellor libro de narrativa de adultos de 2010 e á mellor portada de adultos. A novela é finalista do Premio Ánxel Casal ao mellor libro de ficción 2010, convocado pola Asociación Galega de Editores, que será fallado en Lugo o vindeiro 12 de marzo na Noite da Edición. Coincidindo coa esta segunda edición anúnciase a tradución ao inglés e ao francés e Manuel Rivas asinará exemplares de Todo é silencio na Casa do Libro de Vigo (rúa Velázquez Moreno) o xoves 3 de marzo, a partir das 18:00 horas.

Comentarios pechados