Menu Xerais

«Todo era ruído», reportaxe de Manuel Jabois sobre a novela de Rivas «Todo é silencio»

Acompañando á entrevista que Manuel Jabois publica na Revista do Diario de Pontevedra, o mesmo xornalista dá á luz unha extensa reportaxe de dúas páxinas sobre o narcotráfico en Galicia a partir da novela Todo é silencio, de Manuel Rivas. Así comeza:

«O pobo da última novela de Rivas chámase Brétema e existe, como todo o que pasa na novela, da que o autor galego di que ‘todo é ficción mais todo é verdade’. Todo é silencio (Xerais) precipítase nos clarescuros do contrabando desde o punto de vista que case esixe o xogo da novela: o do delito. Récord de tirada da literatura galega (12.000 exemplares), nas páxinas esparéxese tamén a tolemia real duns anos en que todo era un entrondo subterráneo, case entolecido».

A reportaxe completa aquí e aquí (continuación).

Comentarios pechados