Menu Xerais

«Tripulación pirata», unha fermosa experiencia arredor da lectura e das matemáticas

«Tripulación pirata» é o nome do blog da aula de 6º de Educación Primaria do C.E.I.P. Os Muíños de Muxía. Velaquí unha experiencia didáctica innovadora arredor da lectura e das matemáticas.

Segundo relatan os participantes no seu blog «todo comezou cando a Biblioteca escolar fixo a súa programación cun tema moi peculiar: «Piratas». A proposta parecía interesante. Pero…como entrar no mundo pirata a través das Matemáticas? Pouco a pouco a idea foi madurando e collendo forma. Só había que buscar materiais e adaptalos para que os contidos matemáticos de 6º tiveran algo que ver co tema en cuestión. E así foi como apareceu o fío condutor que precisabamos: a novela Os piratas da illa da Esperanza do escritor muxián X.H. Rivadulla Corcón. Esta obra de temática mariñeira sobre a lealtade e a amizade constitúe a base da programación de Matemáticas deste curso para 6º de Primaria. E permite non só afondar no mundo das cantidades, dos espazos e formas, do tratamento da información e azar, senón tamén nos temas transversais: educación para a saúde, para o ocio e tempo libre, para a paz…»

Os nosos parabéns ao profesorado e alumnado do Colecio Os Muíños por experiencia educativa tan fermosa.

Comentarios pechados