Menu Xerais

Un afiador rebelde publica as súas memorias. De Ourense a Brais Pinto da man de Xosé Fernández Ferreiro

A edición ourensá de La Voz de Galicia publica unha información sobre o libro de memorias de Xosé Fernández Ferreiro, titulado  De Xente Nova a Brais Pinto, subtitulado Memorias dun afiador rebelde.

 

Xerais edita «De Xente Nova a Brais Pinto», as memorias de Xosé Fernández Ferreiro

Xosé Fernández Ferreiro (Nogueira de Ramuín, 1931) é un dos autores máis recoñecidos da literatura galega do século XX. Obras súas como Morrer en Castrelo de Miño (1978), A saga dun afi ador (1980), Agosto do 36 (1991), Os últimos fuxidos (2004) ou Tempo de centeo (2009), entre outras, son xa referentes dentro da historia da literatura galega e este escritor e xornalista (entre outros medios traballou en La Voz de Galicia) publica agora en Edicións Xerais o libro De Xente nova a Brais Pinto. Memorias dun afi ador rebelde.

 

De Víctor Campio a Ferrín

Como se lembra na reseña da editorial, Fernández Ferreiro foi un dos mozos que, xunto ao poeta masidao Víctor Campio e outros compañeiros, promoveu no Ourense de 1950 o grupo literario Xente Nova, efémera corrente que anceiaba novos xeitos de expresión para «unha Galicia sen complexos». Poucos anos máis tarde, xa en Madrid, Fernández Ferreiro forma parte do colectivo de traballadores, estudantes galegos que crean o famoso grupo Brais Pinto. Era 1957 e no colectivo estaban Méndez Ferrín, Bautista Álvarez, Bernardino Graña, Manuel María e moitos outros. Con estes dous puntos de inicio comeza Fernández Ferreiro a narración das súas experiencias vitais, recollidas no volume que agora Xerais pon á venda nas librerías galegas.

 

Homenaxes do PEN e AELG

O escritor foi distinguido, entre outros, cos premios Galicia de Comunicación, Xerais de novela e Losada Diéguez de literatura. O PEN Clube de Galicia e a Asociación de Escritores en Lingua Galega organizáronlle homenaxes en Nogueira.

Comentarios pechados