Menu Xerais

Un conto basado nun feito real: «Violeta quere ser vampiro. Un conto de Samaín», de Ramón D. Veiga e David Sierra

O xornal Atlántico Diario publicou unha información de Ana Baena con entrevista a Ramón D. Veiga, autor do álbum Violeta quere ser vampiro. Un conto de Samaín, ilustrado por David Sierra.

Unha historia de vampiros no ‘Halloween’ galego

Ramón Veiga presentou un conto de Samaín protagonizado pola súa filla Violeta, con ilustracións de David Sierra

Co tirón do Samaín, Ramón Domínguez Veiga e David Sierra presentaron  “Violeta quere ser vampiro”, editada por Xerais. Escritor e ilustrador respectivamente, propoñen unha historia ambientada nunha familia normal perante a noite do 31 de octubre: “Representamos un Samaín urbano, porque nós celebramos a festa de tradición celta pero os nenos din o ‘Halloween’ e aínda que aquí os disfraces son de bruxas e monstruos, tamén se impuxeron as chuches”. Así explica Domínguez Veiga o seu conto que recolle un feito real, protagonizado pola súa filla Violeta.
A historia está dirixida a  grandes e pequenos, xa que según o autor “os nenos no teñen medo de nada, falan da morte con naturalidade, teñen bonecos que son monstruos e ven riquiños aos vampiros”. Pero ademáis, no texto hai alusións aos anos 80, a películas como “E.T.” ou a alusións a personaxes recoñecibles polos adultos.
Publicado en formato de libro álbum, o texto e as ilustracións van parellas: “En realidade hai dous autores, xa que ambos aportamos ideas e a iniciativa de escribir este conto foi de David”, sinala Ramón Domínguez en referencia ao ilustrador, que recoñece que a narración adaptouse as esceas recreadas.
Así, aínda que é unha historia de vampiros, onte o conto de Violeta levou aos nenos ata a maxia do Samaín. “Esta é unha noite perfecta para ler esta trama porque sucede nun día como hoxe (por onte), pero adáptase a calquera data do ano”, apuntou o escritor.

Comentarios pechados