Menu Xerais

«Un dedo manchado de tinta» de Manuel Portas e os títulos alternativos de Xosé Manuel Eyré

Xosé Manuel Eyré publica no seu blog un post sobre Un dedo manchado de tinta de Manuel Portas.

Un dedo manchado de tinta e os títulos alternativos

Eis unha fórmula de achegamento crítico que xa había tempo non xurdía na Ferradura, a dos títulos alternativos. Mais a lectura de Un dedo manchado de tinta resucitouna, pois a novela de Manuel Portas é moi rica. Así pois, cando escribín a crítica para ANT dixital, en primeiras tiña intención de partir destes títulos alternativos, mais ao final empreguei outra estratexia, de xeito que esta anotación resulta complementaria á crítica. Á vez que adinta parte do contido da crítica porque non puiden resistir empregar parte dos títulos alternativos.

Epopea da humildade, foi o primeiro en xurdir, porque as xentes retratadas doitan sen xentes humildes, esas xentes ás que os medios non lles prestan atención a non ser que aconteza algunha traxedia ( cando a vida destas xentes xa é en si traxedia permanente…ah, tanta hipocrisía!). Mais sería restrinxir o alcance social da novela, malia que as personaxes, independentemente do seu status social, teñan sempre vinculacións coa humildade, coa humildade ou coa necesidade de loita e redención humanitaria

O libro das novelas empezadas. Este é un título alternativo ao que si me refiro na crítica. A novela de Portas, mentres a les, é como se cada capítulo fora un anaco de vida novelada; conscientemente vida e conscientemente novelada. E cada capítulo, ou relato longo, fose o inicio dunha novela propia, establecéndose evidente contigüidades entre todos eles.

A vida manchada de tinta . En realidade titulei a crónica literaria : “A vida manchada de tinta ou o libro das novelas empezadas”. De xeito que fica clara  importancia deste stçitulos alternativos como primeira imaxe do contido da novela. O título da novela ben podería ser “A vida”, mais sendo este un retrato literario da vida resulta aconsellábel o cualificador empregado, porque é vida manchada de tinta. Mais que estea manchada de tinta é só debido á súa manifestación, polo que o culaificador, lonxe de restrinxir amplifica e obriga a unha reflexión máis fonda.

Xosé Manuel Eyré

Comentarios pechados