Menu Xerais

Un divertidísimo álbum que tirará sorrisos ao lectorado, teña a idade que teña: «A araña que lles tiña medo ás arañas», de Ramón D. Veiga. Crítica en Trafegando Ronseis

O blog Trafegando Ronseis  publicou unha anotación sobre o libro: A araña que lles tiña medo ás arañas, de Ramón D. Veiga, con ilustracións de Iván Rodríguez Castro. O libro está publicado por Xerais na colección Pequeno Merlín.

 

A araña que lles tiña medo ás arañas, de Ramón D. Veiga


Divertidísimo álbum que nos trae a editorial Xerais de Ramón D. Veiga e Iván R.: A araña que lles tiña medo ás arañas é unha historia protagonizada por unha araña afouta que vai topando diferentes animais de todos os tamaños ante os que se presenta valente e sen ningún tipo de temor. As cousas cambian cando descobre a súa propia raza e a si mesma, o que fai que o relato sexa aínda máis riseiro. Imposible que non tire sorrisos ao lectorado, teña a idade que teña. E falo con coñecemento de causa!!!

Comentarios pechados