Menu Xerais

Un estudante do IES O Mosteirón de Sada recomenda a lectura de «Poetízate», a antoloxía de Fran Alonso

Un estudante do IES O Mosteirón, de Sada, Adán Méndez Varela, de 4º ESO, recomenda a lectura de Poetízate, a antoloxía de Fran Alonso, desde a bilblioteca do centro.
Neste curso mandáronme ler o libro de Poetízate. O primeiro que pensei foi “outra vez poesía, todos eses poemas que tanto custa entender”, pero cando o fun mercar e vin a portada foi como se o libro me chamase.
Cando cheguei a casa empecei a ollar as follas, pareime na 110 e lin o poema que nela aparecía, “Voz sen verbas”. Este poema encantoume e decidín volver ao principio e lelos todos, cousa que ao contrario do que me imaxinaba non me custou. Aínda así o que máis me atraía era “Voz sen verbas”, de Antonio García Teijeiro.
Por todo isto, pídolle á xente coma min en especial, esas persoas as que non lles gusta ler ou que len e a poesía lles parece aburrido, que lean Poetízate e xa verán como cambian de opinión como fixen eu.

Deixa un comentario!