Menu Xerais

Un exercicio lúdico e metaliterario; unha nova xeración que promete grandes momentos. «Liña azul», de David Pobra

Os xornais La Voz de Galicia e Diario de Ferrol dan conta da publicación de Liña azul, de David Pobra.

 

Liña azul

Chega agora ás librerías Liña azul, o debut novelístico de David Pobra, o personaxe creado por David Pérez González (A Pobra do Caramiñal, 1981), e que mereceu o premio Cidade Centenaria de Riveira. Xa dende o xogo nominativo está presente a vocación por facer literatura dentro da literatura. A historia ábrese cunha alusión á liña azul do título: unha das liñas de metro de Barcelona. O personaxe dun detective serve para enfiar diversos xéneros, da novela negra á humorística, nos que teñen cabida dende citas a Sherlock Holmes ata a un Burmar Flash.

La Voz de Galicia

Comentarios pechados