Menu Xerais

«Un fito histórico para a visibilidade da literatura galega no mundo»

A maior parte dos medios recolleron hoxe a noticia da presentación da Anthology of Galician Literature realizada onte en Compostela na que interviron os responsables de Xerais e Galaxia, coeditores da obra, e Roberto Varela, conselleiro de Cultura e Turismo, entidade que apoiou esta edición. A obra, preparada por Jonathan Dunne recolle en edición bilingüe obras que van dende o século XII ata o ano 1981, datas para nada casuais pois abarcan dende o primeiro documento en galego que se conserva ata o Estatuto de Autonomía. Neste acto de presentación Manuel Bragado leu unha carta de Dunne, que non puido participar no acto por atoparse nestes momentos fóra de Galicia e, a súa vez, Víctor Freixanes, director da editorial Galaxia, a carta redactada polos editores que acompañará ao envío que da antoloxía se realizará a centros de estudos galegos, lusos e hispánicos, así como a axentes literarios e editoriais de todo o mundo.

Velaí como foi recollida a noticia:

Documentación de referencia:

Comentarios pechados