Menu Xerais

Un home de Portomarín que impresionou o mundo: «O misterioso Dr. Saa». A historia do Conde de Waldemar, ilusionista e prestidixitador». Reportaxe de Jaureguizar

El Progreso publica hoxe unha ampla reportaxe de Jaureguizar sobre O misterioso Dr. Saa, libro subtitulado A historia do Conde de Waldemar, ilusionista, prestidixitador e telépata, de Xosé Díaz Díaz e Belén Fernández Guzmán. O misterioso Dr. Saa recupera dá conta da historia de Manuel Rodríguez Saa, un lucense de Portomarín que, no primeiro terzo do século XX, acadou sona internacional como ilusionista e foi coñecido como Conde de Waldemar. A súa vida foi terriblemente axitada e o seu  itinerario vital e profesional levouno polos confíns do mundo, sendo testemuña directa de boa parte dos relatos da historia do seu tempo e colleitando numerosos éxitos nos escenarios máis destacados. Algúns dos persoeiros máis relevantes da súa época (da política, a cultura, a aristocracia) presenciaron as súa habilidades máxicas.

A reportaxe de Jaureguizar pode descargarse en pdf neste enlace.

Comentarios pechados