Menu Xerais

Un libriño que nos leva a explorar novos mundos sen saír do edificio no que residimos: «Conexión Macarrón», de Ledicia Costas. Crítica en Trafegando Ronseis

O blog Trafegando Ronseis  publicou unha anotación sobre o libro: Conexión Macarrón, de Ledicia Costas, con ilustracións de Laura Suárez. O libro está publicado por Xerais na colección Merlín.


Conexión Macarrón, de Ledicia Costas

Conexión macarrón de Ledicia Costas con ilustracións de Laura Suárez, publicado por Xerais, é a última aportación á LIX da autora, un libriño que fala de amizade, e que con moita imaxinación nos leva a explorar novos mundos sen saír do edificio no que residimos. Só cómpre ter un veciño estraño e inspiración para axudar, porque o que se quere sempre é cooperar, nunca negar a hospitalidade. E isto é o mellor do libro. Que a pesar de todo, a parella protagonista non sente medo ante un descoñecido, senón que están dispostxs a axudalo para que se sinta como na súa casa.

Deixa un comentario!