Menu Xerais

«Un libro gamberro que dispara versos graffiteiros, versos para rapear.» Anotación sobre «Street Poems», de Fran Alonso, no blog Trafegando Ronseis

O blog Trafegando Ronseis publicou unha anotación sobre Street Poems, de Fran Alonso.

Street Poems

Saborear a Fran Alonso. Ben, saborear a poesía de Fran Alonso, non vaiades entender mal! Sempre que sei que vai publicar un libro de poemas, penso “ogallá sexa para o meu alumnado”. E Street Poems -publicado por Xerais- éo. Que ilusión! Fran Alonso pon palabras ás paredes, esas que tampouco son mudas porque conteñen obras de arte que traspasan barrios e fronteiras. E o poeta, sempre atento ao sabor da palabra, fotografa a arte para recuperar a palabra fuxidía, a non dita, a ocultada. El, coma ninguén, é quen de fusionar as artes, a teconoloxía, a interdiciplinidade. O resultado, un libro gamberro que dispara versos graffiteiros, versos para rapear ou para deixar esquecidos nos muros, eses muros que ás veces son tomados como teas de arte. Versos para chegar ás aulas e cantalos, versos para seren recollidos por brochas gordas que, tamén, traspasarán as aulas.
Os versos murmuran latas de cores que traen gotas de choiva, ledas e xoguetonas.

Comentarios pechados