Menu Xerais

Un libro necesario e fantástico para dar visibilidade á diversidade: «Mamá, quero ser Ziggy Stardust», de Iria Misa. Crítica en Trafegando Ronseis

O blog Trafegando Ronseis publicou unha anotación sobre o libro: Mamá, quero ser Ziggy Stardust, de Iria Misa, ilustrado por Alba Barreiro.


Mamá, quero ser Ziggy Stardust


X
enial proposta esta que nos fai Iria Misa na editorial Xerais: Mamá, quero ser Ziggy Stardust -con ilustracións de Alba Barreiro– é unha lectura necesaria que vén a cubrir un oco da nosa literatura e que completa o espazo creado por 22 segundos, o tema da transexualidade.  Desta volta dirixida a un público un pouco menor que o libro de Eva Mejuto.

Si, unha nena que non se identifica co sexo e xénero asignado ao nacer e que se sente unha admiración especial por todo canto representa a figura de Ziggy Stardust, é dicir, a súa androxinia e a súa música. Resulta moi interesante porque o libro non nega os problemas que conleva, os problemas familiares, o rexeitamento dunha parte da sociedade, a actitude dos pais e nais, os conflitos escolares, os conflitos emocioniais… Imos descubrindo en cada páxina o duro que resulta esta batalla vital.
A voz narradora, interesante voz que vén a ser ese amigo invisíbel necesario para seguir adiante, non rexeita falar da problemática cotiá da protagonista, e iso gustoume. Por suposto, como libro dirixido a un público infanto-xuvenil non se recrea nela nin afonda, pero coido que é un libro necesario e fantástico para dar visibilidade á diversidade.
Desde logo, lectura máis que recomendábel para os dous primeiros cursos da ESO.


Comentarios pechados