Menu Xerais

Un libro para gozar: «Escaquis e Romeu», de Antonio Manuel Fraga. Crítica en Trafegando ronseis

O blog Trafegando ronseis publicou unha anotación sobre a novela infantil  Escaquis e Romeu, de Antonio Manuel Fraga.

 

Escaquis e Romeu

Gocei moito coa lectura deste Escaquis e Romeu de Antonio Manuel Fraga, publicado por Xerais con ilustracións de Jacobo Fernández Serrano (unhas ilustracións queconquistan dende a portada posto que o protagonista principal é presentado moi semellante a Agustín Fernández Paz: como non querer xa este personaxe???. Ilustracións que ademais resultas moi expresivas) Goceino porque é un conto dos de verdade, un conto de aventuras e de misterio, dos que fan soñar e sorrir ao mesmo tempo, porque mestura realidade e fantasía realizando unha loanza xenerosa da amizade e a lealdade, e contén a dose xusta de ambos para que o equilibrio permaneza, mentres que a fantasía serve para tomarlle o pulso á identidade das persoas: quen somos e que queremos ser. A súa forza reside na necesidade de construírmos un mundo máis xusto, un mundo mellor onde non existe o racismo nin o mercantilismo, e que asemade rexeita a malediciencia. Será precisamente grazas á parte fantástica cando poidamos valorar o que facemos e a meta que poidamos marcarnos, na procura dun mundo mellor.

 

 

 

 

Comentarios pechados