Menu Xerais

Un libro que conxuga o elemento matemático coa novela negra dun xeito lúdico e ameno: « Trescatorcedezaseis», de Rocío Leira. Crítica en Trafegando Ronseis

O blog Trafegando Ronseis  publicou unha anotación sobre o libro: Trescatorcedezaseis, de Rocío Leira, publicado por Xerais na colección Fóra de Xogo. O libro foi finalista do XI Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil

 

Trescatorcedezaseis, de Rocío Leira

 

Gustoume a proposta que nos fai Rocío Leira nesta novela matemática-xuvenil que publica XeraisTres catorce dezaseis foi, ademais, Finalista do XI Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil: lectura moi acaída para o club de lectura matemática e que vou recomendar dende xa á profas desta materia, non só por ser unha novela negra que se le rapidamente senón tamén porque coido que lles pode ofrecer algún material para xogar nas aulas. Xa veremos.

A min, dende logo, paréceme unha boa opción que conxuga, como xa dixen, o elemento matemático coa novela negra, dun xeito lúdico e ameno, sabe manxar os tempos e a intriga e vainos deixando pistas para sabermos máis que o propio profesor de matemáticas. Un libro que engancha e que resulta diferente ás últimas propostas -en xeral- de literatura xuvenil.

Deixa un comentario!