Menu Xerais

Un libro que fará as ledicias da rapazallada: «Vampira de biblioteca», de Ledicia Costas e Víctor Rivas. Crítica en Trafegando Ronseis

O blog Trafegando Ronseis publicou unha anotación sobre o libro: Vampira de biblioteca, de Ledicia Costas, con ilustracións de Víctor Rivas, publicado por Xerais na colección Merlín.

 

Vampira de biblioteca, de Ledicia Costas

 

Que Ledicia Costas ten a palabra máxica para escribir é sabido, e vólveo demostrar novamente con este libro que fará as delicias da rapazallada: Vampira de biblioteca conta coas ilustracións de Víctor Rivas e está publicado por Xerais.

O gusto polo estraño mesturado habilmente co cotián fan deste libro unha desas lecturas que se devoran, igual que a nosa protagonista fai coa tinta.

Porque estamos ante unha vampira que ama os libros e odia o sangue e que procurará a axuda de humanos para salvar os libros dun gran perigo: ser comidos polas couzas. E conseguirá formar un exército pequeno e curioso que aman a lectura e que viven nun mundo diferente pero non paralelo.

Morcegos, vampiras e case case, marcianos. Que máis se pode pedir para vivir unha aventura bibliotecaria?

Comentarios pechados