Menu Xerais

Un libro que recende a mar, unha obra de referencia para calquera paseo pola cidade: «Camiñar o Vigo vello», de Pedro Feijoo. Crítica de David González no blog «Palabra de Gatsby»

O blog Palabra de Gatsby publicou unha recensión de David González Domínguez sobre Camiñar o Vigo vello, de Pedro Feijoo.

Recensión: Pedro Feijoo, «Camiñar o Vigo vello»

Sabendo que a historia de Vigo é unha gran descoñecida para a meirande parte da súa poboación non é de estrañar que as pequenas historias que agochan algunhas das rúas que os vigueses transitan aínda séxano máis. Camiñar o Vigo vello de Pedro Feijoo é unha desas obras que nacen coa vontade de servir de guía para un paseo profundo e analítico polas rúas da cidade galega.

Sorprendentemente este libro non peca de presentarse como unha obra excesivamente academicista, de corte completamente histórico e cunha narrativa de difícil dixestión. Hai moito do Pedro Feijoo novelista na forma de tecer unha viaxe interesante polas rúas da cidade dunha maneira moi visual e mesmo lúdica. É un libro que chega con facilidade o cidadán e que oculta moreas de horas de lectura e de consulta de documentos cun fantástico traballo de síntese.

Este Camiñar o Vigo vello é a obra de referencia para calquera paseo pola cidade. Un libro que recende a mar, ó Vigo dos nosos antepasados e o duro traballo de compilación de moitísima información para facela accesible para calquera lector. Un agasallo para calquera vigués.

David González Domínguez

Deixa un comentario!