Menu Xerais

Un libro que tamén protagoniza Vilalba: «O rastro que deixamos», de Agustín Fernández Paz

O xornal El Progreso publicou unha crónica de Cristina Arias da presentación de O rastro que deixamos, de Agustín Fernández Paz, en Vilalba.

 

Verbas chairegas para a terra

Verbas chairegas de escritores chairegos. Froito da semente dunha terra que viu nacer a moreas de escritores, dous libros máis súmanse á longa lista de obras publicadas ao redor da Terra Chá. O vilalbés Agustín Fernández Paz e o xermadés José Mouriño Cuba acaban de presentar rodeados de decenas de amigos, familiares e antigos compañeiros, sendos libros adicados á comarca chairega, ‘O rastro que deixamos’, con Vilalba como protagonista da memoria, e ‘Lousada, un berce de lecer’, unha obra poética adicada á parroquia de Xermade.

Fernández Paz, un dos nomes máis destacados da literatura nacional xuvenil, deixa ver ao través de ‘O rastro que deixamos’, unha obra «conformada por textos escritos por azares e non autobiográfica», a memoria da súa infancia, os recordos da nenez e da mocidade. Ademais, revela nunha segunda parte a súa paixón pola lectura e a escrita e fai un repaso pola súa traxectoria no oficio de mestre «por vocación» e de escritor, xa na madurez e despois de descubrir a través das traducións dos grandes autores europeos, que «a literatura infantil e xuvenil podía ser formidable e entusiasmarnos a nós e aos mozos por igual», explicaba o autor.

Comentarios pechados