Menu Xerais

Un libro rítmico e irónico que nos lembra a diversión que provoca o entroido: «Non pare a festa. É tempo de entroido 2», de Ramón D. Veiga e David Sierra. Crítica en Trafegando Ronseis

O blog Trafegando Ronseis publicou unha anotación sobre o libro: Non pare a festa. É tempo de entroido 2, de Ramón D. Veiga, con ilustracións de David Sierra, publicado por Xerais na colección Pequeno Merlín.

 

Non pare a festa. É tempo de entroido 2, de Ramón D. Veiga e David Sierra

 

Publica Xerais este “É tempo de entroido 2”, un libro de Ramón D. Veiga e David SierraNon pare a festa que vén sendo unha continuación de “É tempo de entroido“. Un libro que nos pon arestora un tanto tristeirxs polo momento que estamos a pasar pero que é asemade un libro necesario que amplía o percorrido polo entroido galego que xa realizara no primeiro libro.

Son textos rítmicos e irónicos que nos lembran a diversión que provoca o entroido, festas cheas de humor contaxiante e espontáneo. Xúntanse boteiros, gárgolas, vellarróns, mázcaras, chocalleiros, peliqueiras, follateiros, madamas, cabreiros, vixigueiros ou fedellosos, entre outras figuras, convocados para faceren festa e ruído e, ao tempo, lembrarnos a riqueza desta tradición popular.

Asemade, podemos realizar dúas descargas para cantar e bailar, moi acaídos para este ano, ano que lembraremos por constituír un antroido confinado.

Comentarios pechados